Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Descanso de Nadal para algúns

Xuvenís: Descanso de Nadal para algúns
Liga Xuvenil, Gr3, Xornada 17 No Gr3 dos Xuvenís o Dumbría descansaba nesta xornada e segue lider con 2 partidos menos que os seus perseguidores O XSC e a Esteirana que se poñen a 4 e 2 puntos de diferencia respectivamente. O Fisterra non era capaz de impoñerse o soneira que empataría en extremis, mentras o Cee caía fronte o Outes e a Esteirana vencia en Carnota a un Lira que ainda non sumou ningún punto. Mazaricos - Xallas de Santa Comba (0 - 4)
  • Mazaricos: Samuel - Licerino - Ruben - Jose Angel - Manuel de Borja -Samuel - Iago -Raúl - David - Marcos y Bieito. Tamen xogaron: Thiago Campos - Bruno Campos e Sergio.
  • Xallas de Santa Comba: Alvarito - Miki (Alex) - Carlos - Jacobo - Cristian Torres (Teffi) - Fabián (Xoel) - Pablo Landeira - Adrian - Steven - Ivan Pastoriza - Sergio.
  • Goles: 1-0 Steven. 2-0 Steven. 3-0 Iván Pastoriza y 4-0 Teffi.
Partido onde o XCS tivo o dominio do encontro durante practicamente todo o tempo.  O descanso foise con 1-0 para os Xalleiros. Na segunda parte o Mazaricos intentou vir arriba pero a efectividade de XSC desactivoulle os intentos,un partido no que debutaba o xogador do XSC Xoél que procedia do Negreira. Soneira - Fisterra (1-1)
  • Soneira: José M. - Christian - Samuel - Cristian - Rodrigo - Carlos - Pablo - Damian -Aaron - Jordi e Eloy. Tamén xogaron: Antony.
  • Fisterra: Angel - Javier - Ruben -Breixo - Alesander - Adrian - Abel -Manuel - Moises - Jose M.  e Andrés. Tamén Xogaron: Gabriel Vigo- Manuel - Gabriel Benlloch - Gabriel Pazos e Daniel.
  • Goles: 0-1 Alesander (Min. 31). 1-1 Pablo Espiñeira (Min. 89).
O que en principio se presumia un partido bastante comodo para os de fisterra mirando a taboa clasificatoria e non mais lonxe da realidade, xa que o Soneira complicarialles moitisimo as cousas. O Fisterra adiantariase no marcador e chegaría o final do encontro con una vantaxe minima no marcador, e como soe pasar nestos casos, cando chegas con un marcador moi axustado o final sempre ou case sempre acabas empatando o encontró, e isto foi o que sucedeu. O Soneira empataría o encontro no último suspiro e faría que os fisterráns quedasen con cara de poucos amigos. Asi remataria este ano para ambos equipos. Outes - Cee (3 - 0)
  • Outes: Joel - Rafael - David - Adrián - Samuel - Alvaro - Adrian Liste - Sergio - Paullo - Adrian Ruibal e Abraham. Tamén Xogaron: Ruben Brión - Adrian Martinez - Xurxo e Adrian Gallardo.
  • Cee: Paulo - Alexandro Ferrio - Esteban Sendón - Esteban Lema - Abraham - Jorge - Rafael - Alexandro Castro - Pablo - Marco e  Carlos Leis. Tamén xogaron: Ruben Castillo.
  • Goles: 1-0 Adrian Ruibal (Min. 42) - 2-0 Adrian Liste (Min. 51) e 3-0 Paullo (Min.56).
Chegaba o Cee a Serra con moitas baixas, so dispoñia de 13 homes para afrontar o encontro, un encontro onde os xogadores de Manu Roque querian facerse fortes no seu campo. O cee intentouno e dispuxo de varias ocasións, pero non foi capaz de rematalas. O marcar o primeiro gol o Outes o Cee desaparecia do encontro por completo, un encontró que se levou o equipo de Manu Roque con solvencia e con bastante autoridade. Lira - Esteirana (0 - 3)
  • Lira: Aitor - Saúl - Marcos - Adrián - Xabier - Xosé M. - David - Ismael - Xoan - Alexis e Javier. Tamén xogaron: Sergio - Cibrán - Sergio Piñeiro - Aitor e Cristian.
  • Esteirana: Marcos - Manuel - Borja - Rafael - Alberto - Manuel - Adrian - Damian -Alejandro - David e Sergio. Tamén xogaron: Cristian e Adrián Riomao.
  • Goles: 0-1 Adrian Abeijón (Min 5) - 0-2 Manuel Fernandez (Min.10) e 0-3 Alberto Codesido ( Min.27)
Tarde de sábado en Carnota onde os de Lira querian rematar o ano gañando e levarse unha alegría xa que ainda non sumaron un só punto, pero tiñan en frente a un gran rival que tamén quería esos tres puntos para non descolgarse da cabeza, foi un partido intenso onde os de Lira o intentaron pero non foron capaces de batir a un equipo ben plantado coma a Esteirana.A Esteirana poriase moi pronto por diante no marcador, e xa na metade da primeira parte sentenciaria un partido onde o Lira apretou ata o final pero nada puido facer ante esos tres goles encaixados nos primeiros instantes da primeira metade. Habrá que esperar o novo ano a ver se este Lira consegue alguna victoria e consegue darlle una alegría a súa afeción. Liga Xuvenil, Gr4, Xornada 17 No Gr.4 o Cabana non sería capaz de pasar do empate fronte a un Ponteceso que este ano non está a ter moita fortuna nos resultados. Outro que non pasaría do empate é o Corme, que empataría nun partido vibrante en Coristanco. O Malpica solventaría o seu encontro con mais apuros dos esperados fronte o último clasificado o Porteño e o Baio golearía a un Camariñas no que se poñen moi cerca un do outro. Mentras o Laxe descansaba esta xornada o Castriz sumaba unha nova victoria e neste caso fronte o Muxia que agora mesmo lles saca 5 puntos. Porteño - Malpica ( 3-4)
  • Porteño: Brais; Manuel, Daniel, Miguel, Gonzalo, David Pasantes, Mario, (C), Josiño, David, Maikel, Matías. Tamén xogaron: Felipe, Martín, Álvaro e Damián.
  • Malpica: Manuel; Brais, Víctor Novo, Steven, Jorge, Mouri,  Pitís, Diego, (C),  Eloy, Alberto, Kevin. Tamén xogaron: Plejo e Chols.
  • Goles:0-1: Kevin. 0-2: Kevin. 1-2: Maikel. 1-3: ,Eloy . 1-4: Pitís. 2-4: Maikel. 3-4: Maikel.
O Malpica chegaba a Ponte con gañas de levarse os 3 puntos e así o fixo, pero con traballos. Comezaba o encontro e o Malpica era moi superior o seu rival o cal iría o descanso con unha vantaxe importante. Daba comezo a segunda e volvia a marcar o Malpica que se poñía 1-4, pero non mais lexos da realidade o Porteño tirou de casta e complicoulle as cousas o Malpica que terminou pedindo a hora. Coristanco - Corme ( 1-0)
  • Coristanco: Ignacio - Ruben - Jorge - Manuel - Javier - Ruben - Daniel - Joaquín - Jonathan - Christian e Ivan. Tamén xogaron: Brais - Ivan - Christian Abelenda e Diego.
  • Corme: Ruben - Isaac - Ivan - Joshua - Eloy - Antonio - Francisco - Jose M. - Juan M. - Brais e Enrique.
  • Goles: 1-0 Jorge Lorenzo ( Min.14).
Partido vibrante en Coristanco onde os locais adiantaronse no marcador con un golazo de falta, a partir do gol o Corme comezou a achuchar pero os homes de DaSilva aguantarían e loitarian como jabatos, remataría a primeira metade con este resultado de 1-0 para os locais. Xa na segunda metade empataría o Corme despois de que o Coristanco errera unas ocasións claras que desperdiciaría o xogador Pombo, ocasións que sentenciarían o encontro. Os Cormelans non se agocharon e loitaron para levarse o encontró, pero non poido ser. O partido remataria con estas taboas que non gustaron a ningún deles.
Ponteceso SD- Cabana SD (1-1) Ponteceso SD: Damián, Lorenzo, Adrián, Dani Sánchez, Diego Collazo, Isma, Dani Valle, Yago, Christian, Alberto Recarey e Ismail. Cabana SD: Adrián, Villar, Grille (Oliver m.70), Raúl, Aurelio, Diego Cachadiña, Redondo, Dani Mato, Iván Mato (Darío m.74), Álex, Pablo (Cristian Varela m.83). Expulsións: Christian, do Ponteceso SD, por insultar a un contrario no minuto 58. Goles: 1-0 m.: Yago resolve unha melé formada na área cabanesa logo dun centro de Dani Valle. 1-1 m.: Córner botado por Diego Cachadiña que entra na portería pontecesana coa inestimable colaboración de Damián. Partido pouco vistoso para o numeroso público presente o que puidemos ver o pasado sábado no Municipal de O Pinguel (Ponteceso). Choque de estilos neste encontro cun Ponteceso que buscaba un fútbol vistoso con Alberto Recarey e Yago como directores de orquestra, mentras que os homes de Fernando Mato buscaban transicións rápidas e balóns en largo. Primeira parte igualada, na cal os homes de Rubén Souto buscaban chegar á área contraria pero sin demasiado éxito, tan só foron capaces de inquedar a Adrián nunha gran combinación entre Yago e Alberto Recarey pero este último remata a rentes do pau da portería cabanesa. Mentras que o Cabana, pisaba máis área rival froito dos balóns en largo de Aurelio, buscando a espalda da defensa e das transicións rápidas que levaba a cabo sempre Diego Cachadiña pero que nunca terminaban con perigo. Tan só a media hora de partido logo dun pase interior de Cacha para Pablo que saca un lanzamento que se vai a rentes do pau, poñería en apuros a Damián. Na segunda metade, chegaría un gran contratempo para os pontecesáns cando o colexiado expulsou a Christian por insultar a un contrario cando se ía cumprir o cuarto de hora. A pesar desto, o equipo local non se veu abaixo e foi a polo partido e contaría con tres ocasións casi consecutivas pero Adrián en dúas ocasións e o longueiro evitaría o gol dos brancos. Aos 24 minutos deste segundo tempo adiantaríanse os rapaces de Rubén Souto, logo de que Yago resolvera unha melé formada na área nerazzurri tras un centro de Dani Valle. O Cabana avisaría dez minutos despois do gol, logo dunha apertura a banda para Álex que saca o lanzamento que despexa Damián a saque de esquina con moitas dificultades. Un minuto despois, Diego Cachadiña bota un córner que entra na portería pontecesana coa inestimable colaboración de Damián. A pesar de que nesta segunda o Ponteceso foi superior ao Cabana, os visitantes estiveron a piques de levarse o encontro na última xogada do partido cunha gran combinación colectiva pero o lanzamento de Redondo vaise por riba do longueiro. Baio - Camariñas ( 5-0)
  • Baio: Guillermo - Fabian - Pablo - Pedro - Kevin -Cristian - Estefan - Alfonso - Jose A.- Santi  é Alberto.
  • Camariñas: Jose L. - Mateo - Santiago - Martin Pose - Martin Mendez - Brais - Juan - Aitor - Manuel - Sergi  é Jose C. Tamén xogaron: Daniel - Carlos é Brian.
  • Goles: 1-0 Santi Diaz (Min.14) - 2-0 Kevin (Min.44) - 3-0 Christian (Min.60) - 4-0 Alberto (Min.63) e 5-0 Christian (Min.69).
Un partido onde o Baio adiantariase moi pronto e controlaría o encontro o seu ritmo. Un Baio superior o seu rival onde así o reflexa este abultado resultado, de todas formas o Camariñas en ningún momento tirou o partido e loitaria ata o final, unha loita que non tivo premio. Castriz - Muxia ( 2-1)
  • Castriz: Victor - Adrian - Pablo - Corroucho - Andy - Jose Angel - Balsa - Rony - Yordi - Miki é Alex.
Encontrabanse dous conxuntos con gañas de levarse os tres puntos e nesta ocasión quedarían na casa dos locacais, uns puntos moi loitados xa que o Castriz se adiantaria no marcador pero onde o Muxia non lles poría as cousas nada fáciles, sopraba un vento forte o cal dificultaba o xogo dos dous.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios