Nova fin de semana futbolística na Costa da Morte. Tras ollar o parte de sancións que vén de chegar a golpe de venres ás 15:00h, imos repasar a previa da xornada.
Na Preferente, a xornada comeza o sábado cun difícil encontro do Dumbría en Narón, 2º clasificado, onde os de Canosa poderán botarlle unha man ao Santa Comba. Ademais, o cadro laranxa poderá seguir sumando ante o Val, o Soneira terao difícil ante o 4º, o Boiro, e o Xallas visitará o campo dun Bertamiráns que ten 2 puntos menos ca eles.
A xornada na 1ª chega fundamental para que Cee e Ponteceso saian do pozo. Ambos equipos, xa con novos adestradores, terán partidos asequibles, pero necesitan sumar.
A xornada na Liga da Costa comeza o sábado e ben intensa. Ara Solis acollerá un partidazo: Fisterra-Club do Mar, no que se espera ver ao Fisterra das mellores ocasións e a un candidato ao ascenso como é o clube caionés. Pola súa banda, o líder Camariñas visita o domingo San Andrés, mentres que o Muros, xa 3º, recibe ao Baio. O Dumbría B recibirá un Sofán que parece que vai cara arriba.
Por abaixo, o Corcubión e O Pindo teránn que sumar ante o Mazaricos e San Lorenzo se non queren descolgarse.
A 3ª da Costa chega tan intensa coma sempre, con 4 equipos nun puño. Ademais hai partido en todo o alto: Outes-Montelouro. O Coristanco recibe a un Alcaián que comezaba a campaña moi ben pero que parece desinflarse pouco a pouco; e o Cabana, 4º, recibirá ao Soneira B. Ademais, o derbi sabatino en Porto Cubelo entre Lira e Carnota acollerá moitos afeccionados do sur da bisbarra.
Preferente, xornada 11
Narón | 05/11 - 17:00 | Dumbría |
Bertamiráns | 06/11 - 16:15 | Xallas |
Santa Comba | 06/11 - 16:30 | O Val |
Soneira | 06/11 - 17:00 | Boiro |
1ª Autonómica, xornada 10
Ponteceso | 05/11 - 17:00 | Atl. Riveira |
Cariño | 06/11 - 16:15 | Cee |
2ª Autonómica, xornada 10
Fisterra | 05/11 - 16:15 | Club do Mar |
Malpica | 05/11 - 16:30 | Buño |
Dumbría B | 06/11 - 16:15 | Sofán |
Zas | 06/11 - 16:15 | Camariñas |
Muros | 06/11 - 16:15 | Baio |
San Lorenzo | 06/11 - 16:15 | O Pindo |
Mazaricos | 06/11 - 16:15 | Corcubión |
Nantón | 06/11 - 16:15 | Castriz |
Esteirana | 06/11 - 16:30 | Corme |
3ª Autonómica, xornada 13
Lira | 05/11 - 16:00 | Carnota |
Laxe | 05/11 - 16:00 | Camelle |
Atl. Pereiriña | 05/11 - 16:00 | Cerqueda |
Volantes | 05/11 - 16:00 | Porteño |
Cabana | 05/11 - 16:30 | Soneira B |
Xaviña | 05/11 - 18:00 | Fisterra B |
Muxía | 06/11 - 16:15 | Indep. Carballo |
Coristanco | 06/11 - 16:15 | Alcaián |
Montelouro | 06/11 - 16:15 | Outes |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 8
Bergantiños | 05/11 - 17:00 | Rápido Bouzas |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 8
Corcubión | 05/11 - 16:15 | Muros |
Mazaricos | 05/11 - 16:15 | Dumbría |
Outes | 05/11 - 16:15 | Santa Comba |
Soneira | 05/11 - 16:30 | Esteirana |
Cee | 06/11 - 16:30 | Fisterra |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 12
Laxe | 05/11 - 12:00 | Ponteceso |
Camariñas | 05/11 - 15:30 | Malpica |
Dumbría B | 05/11 - 16:15 | Coristanco |
Corme | 05/11 - 16:15 | Muxía |
Zas | 05/11 - 16:15 | Cabana |
División Honra Cadete, xornada 8
Bergantiños | 05/11 - 17:00 | Lugo |
2ª Cadete, xornada 10
Cee | 05/11 - 10:00 | Soneira |
Ponteceso | 05/11 - 10:30 | Esteirana |
Muxía | 05/11 - 10:30 | Coristanco |
Zas | 05/11 - 10:30 | Porteño |
Camariñas | 05/11 - 10:30 | Baio |
Muros | 05/11 - 10:30 | Cabana |
Malpica | 05/11 - 11:00 | Dumbría |
Outes | 05/11 - 18:30 | Santa Comba |
2ª Infantil, xornada 10
Dumbría | 05/11 - 11:10 | Santa Comba |
Cee | 05/11 - 12:00 | Muxía |
Corme | 06/11 - 09:45 | Ponteceso |
Esteirana | 6/11 - 10:30 | Fisterra |
Con. de Carnota | 6/11 - 10:30 | E.M.F. Vimianzo |
As Baleas | 06/11 - 10:30 | Outes |
Baio | 06/11 - 10:30 | E.D. Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 9
1ª División
Cabana | 06/11 - 11:00 | Nantón |
Vimianzo | 06/11 - 11:00 | San Román |
Castriz | 06/11 - 11:00 | Bértoa |
Baio | 06/11 - 11:00 | Ponteceso |
Bergantiños | 06/11 - 11:00 | San Lorenzo |
Xv. Bergantiños | 06/11 - 12:00 | Buño |
Camariñas | 06/11 - 12:00 | Zas |
2ª División
Dep. Carballo | 06/11 - 10:00 | Muros |
Sofán | 06/11 - 11:00 | Leiloio |
Agualada | 06/11 - 11:00 | Malpica |
Corcoesto | 06/11 - 11:00 | Cerqueda |
At. Milagrosa | 06/11 - 12:00 | Soneira |
Corme | 06/11 - 12:00 | Club do Mar |
Camelle | 06/11 - 16:00 | Porteño |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).