Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Xuvenís: 13 equipos en loita

Xuvenís: 13 equipos en loita
Outes-Castriz Xuv-Foto-Alberto

Comezou a segunda volta das Ligas Xuvenís, que segue moi intensa con ata 13 equipos metidos na loita polas 3 prazas de cada liga quedan acceso á Liguilla dos gañadores, previa á Liga Galega.

Na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, a nova saltaba a mediados da semana pasada por Santa Comba, cando Santi Casal presentaba a súa dimisión como míster, e con moita dor, tras 13 anos nos banquiños sen parada. Agora son Rubén Forján e Iván Solís os que toman o relevo de Casal e collen un equipo en clara liña descendente tras tres derrotas consecutivas.
Mentres, o Dumbría segue ao seu, e malia que sufríu co Corcubión máis do esperado, sumou a súa 5ª vitoria seguida. Por detrás manteñen a distancia de 4 e 5 puntos os equipos muradáns. Os Miúdos salvou o escollo dun Fisterra que quere meterse na loita, e a Esteirana tirou de acerto ante o Muxía. Ademais seguen o Cee, tras 5 partidos sen perder, e o Outes, meténdose no allo, quedando a 5 e 6 puntos respectivamente da Esteirana.

Xa na Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, a igualdade segue mandando, con 4 equipos en 3 puntos, pero ata o 7º con posibilidades de loitar polas 3 primeiras prazas. Nos choques directos, gran vitoria do Porteño en Zas, sorprendente goleada do líder, o Cabana, ao Corme, e sorprendente tamén a derrota dun Ponteceso que viña cara arriba ante o Laxe.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Cee - Xallas StComba (4-1)

  • CEE: Maikel, Chema, Hugo, Borja, Brais, Xabier, Castillo, Xoán, Senlle, Samu e Isma. Tamén: Álex, Pablo, Pablo (p), Alexis, e Iván.
  • XSC: Coke, Pérez, Xoel, Carlos, Rubén, Adrián, Tefi, Barbeira, Landeira e Chiqui. Tamén xogaron: Isma, Dani, Torres, Anxo e Parri.
  • Goles: 1-0, min.20: Isma; 2-0, min.30: Xoán dende o medio campo; 3-0, min.42: Isma; 3-1, min.60: Isma; 4-1, min.67: Samu.
  • Expulsión: o xalleiro Sergio Barbeira no min.40.

Era un partido importante este, e os xogadores do cadro xalleiro, como dicimos agora baixo a tutela de Rubén Forján e Iván Solís, saíron demasiado presionados, con moitas gañas de conseguir a vitoria e esa presión foi mala conselleira.
Os xalleiros tiveron o balón durante case todo o partido, e iso que quedaban con 10 á media hora, pero as ocasións foron dos de Angeliño e Penedo, que ben prantados, esperaban e sacaban perigosísimas contras, aproveitando ademais as imprecisións dos verdes e laranxas.
En 3 contras mataron o partido os ceenses na primeira metade, ante un XSC, que nada puido facer cun home menos e con 3 goles enriba tras varias derrotas nas últimas semanas, mantendo esa negativa dinámica perdedora que ten que romper se quere seguir optando a meterse entre os de arriba.


Os Miudos - Fisterra (3-2)

  • OS MIÚDOS: Ángel, Lice (Yeray, min.70), Eloy, Airán, Tajes, Sergio (Álvaro, min.75), Anxo, Miguel, Martínez (Hugo, min.50), Samu e Saúl.
  • FISTERRA: Aaron, Xosé, Iago, Juanfran, Andrés, Ángel, Gabi, Asier, Gonzalo (David), Gabri 3 e Adri.
  • Goles: 1-0, min.33: Matínez; 1-1, min.34: Gonzalo; 2-1, min.60: Saúl; 2-2, min.67: Gabri 3; 3-2, min.89: Saúl.
Choque disputadísimo entre un equipo muradán que está moi arriba e un Fisterra que intenta meterse na loita polas 3 prazas. Teno un pouco máis complicado o equipo de Falito tras esta apretada derrota, tras un choque moi disputado e bonito por ambos conxuntos.

Comezaba o choque moi igualado, cos dous equipos buscando o balón e chegando. E á media hora o gol inicial dos locais foi anulado nada máis sacar de centro polos visitantes.
Arrincaba a segunda metade co cadro muradán poñéndose por diante de novo, pero tamén o Fisterra soubo empatar pronto.
A velocidade de Saúl foi determinante, pois ademais do segundo tanto, na última xogada do partido anotaba o gol da vitoria para os de Mané Senande.

Ademais, cómpre salientar a boa disposición das dúas directivas e corpos técnicos, que se loubaron mutuamente.


Esteirana - Muxía (4-1)

  • ESTEIRANA: Xacobe (Álex, min.35), Sergio, Tobío, Borja, Tiko, Damián, Fabio (Brais, min.33), Pablo (Áxel, min.55), Adrián, Manu (Miguel, min.78), e Juan.
  • MUXÍA: Ancho, Tomás, Esteban, Paulo, Diego (Rubén, min.46), Marco, Toja, Ander, Iván (Mario, min.15) (Rodri, min.55) (Osil, min.80), Samuel e Jose.
  • Goles: 1-0, min.1: Adrián de taconazo nun córner. 2-0, min.17: Manu de Yi empurra coa cabeza tras bo centro de Pablo. 3-0, min.26: Juan ante a saída do porteiro. 3-1, min.32: Jose de penalti. 4-1, min.60: Juan sorprende ao porteiro nunha falta de 60 metros.
  • Expulsións: Tobío no 33' por dobre amarela.
  • Lesións: o muxián Iván e o porteiro local Xacobe.

Levouse a vitoria a Esteirana nunha tarde de sábado desapacible e cun campo algo encharcado. Presentábase o Muxía con bastantes baixas e tiña na alineación a moitos rapaces novos. O encontro viuse algo marcado polo gol inicial no primeiro minuto da Esteirana, así e todo os visitantes sobrepuxéronse e tiveron tres boas ocasións para poñer o empate. Non foi así a pesar das numerosas ocasións, e sen embargo a Esteirana, moito máis acertada, cada vez que chegaha era gol, e o marcador xa sinalaba un 3-0 á media hora.

Despois unha acción fortuita onde se lesiona o porteiro e un penalti eran as accións claves que deixaban o resultado no descanso de 3-1. Anteriormente, no minuto 15 lesiouse o muxián Iván, presuntamente con luxación de clavícula e era evacuado na ambulancia. Un encontro con moitos lesionados, dado que os oito cambios de ambos equipos foron por lesións de xogadores de campo.

Na segunda tivo a posesión o Muxía e achuchaba con balóns longos a unha Esteirana en inferioridade pero sen dar alterado o resultado. Así ata o final onde Juán se sacou da chisteira un golpeo pola escadra de máis alá do centro do campo e bater ao porteiro visitante


Outes - Castriz (6-1)

Castriz e Outes no Cunchido-Foto-Alberto
  • OUTES: Cutu, Fran, Simón, Brión, César, Adrián (Fabio), Saúl, Álvaro, Samuel (Serxio Nieto), Borja (Veleiro) e Santi (Xurxo).
  • CASTRIZ: Víctor, Cambón, Redondo, Álex, Adán, Joni, MIguel, Luís, Balsa, Beto, Richard. Tamén xogaron: Roony, Javi e Calvo.
  • Goles: Santi (2), Álvaro de penalti, Fran e Veleiro (2) para o Outes. E Joni para o Castriz.

Cando ten todo o equipo, o cadro de Manu Roque compite moi ben, e así o demostrou ante un bo Castriz, que nada puido facer ante a abalancha dos da Serra. Vitoria sen paliativos dos locais, moi ben plantado e sacando proveitou do seu poderío físico, ante un Castriz que cometeu demasiados erros dando moitas facilidades, e que só foi capaz de marcar a balón parado.


Corcubión - Dumbría (1-2)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Junjo, Marcos, Chava, Isma, Pepo, Óscar, Mario, Goche, Tito e Germán. Tamén xogaron: Steven e Maikel.
  • DUMBRÍA: Bruno, Portu, Maikel, Canario, Cabana, Yeray, Lucas, Mauro, Edu, Juan e Luís. Tamén xogaron: Isma, Josiño, Abuelo, Jose Miguel e Pablo.
  • Goles: 0-1, min.48: Edu; 1-1, min.56: Tito nunha boa contra; 1-2, min.75: Juan de Dora.

Bo partido do Corcubion que mellorou moito con relación a primeira volta. Pecharon ben os espacios os de Senra dificultando o xogo dos de Lobelos e Leis. Aínda así, a maquinara dumbriesa fixo moitas ocasións e varios paus pero non estiveron demasiado acertados ca portería local, na que Miguel fixo un gran partido.

Non puido evitar o gol de Edu nada mñais saír dos vestiarios, pero pouco despois o Corcubión empataba por medio de Tito, habitual tamén cos maiores. Pero despois un gol do pichichi Juan de Dora dou os tres puntos aos dumbrieses.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 10


Zas - Porteño (0-1 )

  • ZAS: Sergio, Brais, Darío, Julián (Samuel, min.74), Adrián, Andrés, Dani, Rubén (Jose, min.87), Andy (Álvaro, min.57), Juan e Manu.
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Aarón, Bruno, J. Manuel (Robi, min.65), Oli, Anxo (Carlos, min.55), Xoel, Rodri, Mario (Maikel, min.62) e Borja (Matías, min.75).
  • Gol: 0-1, min,77: Maikel.

Partido moi complicado en San Andrés, cun céspede moi húmido e un mal día. Houbo poucas ocasións de gol, e as poucas que había eran freadas polas pozas. Os dous equipos tiveron que abusar dos balóns aéreos, nun dees choques nos que as segundas xogadas foron claves. Aí estiveron máis activos e agresivos os visitantes para levarse eses balons.

Na primeira apenas houbo un par de ocasións por bando, cunha gran man de Brais a tiro de Andrés, mentres os da Ponte mandaban un balón ao pau.

Arrincaba a segunda metade tamén moi igualada, sen chegadas, e nunha desas illada Maikel adiantaba aos de Ordóñez. Meteuse aí atrás o cadro visitante, e os de Martín Vecino fóronse arriba. Puido chegar o empate en varias xogadas pero tamén o Porteño sacou algunha contra perigosa para ter sentenciado. A mellor ocasión chegaba contra o final pero o meta visitante salvou un gran chut á cepa do pau.


Camariñas - Malpica (6-1)

Camarinas Xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • CAMARIÑAS: Brais; Juan, Facundo, Pose, Chicote, Miguel, David, Álvaro, Espi, Dani, (Sergi, min.66), e Javi.
11 do Malpica ante o Camarinas-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel; Arcay, Miguel (Carlos, min.54), Sebas, Álvaro, Brais Álvarez, Gende, Adrián, Cholo, Xulián e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.5: Javi de tiro dende fora da área sen aparente perigo que roza en Álvaro en introdúcese na portería. 2-0, min.9: Dani tras un córner. 2-1, min.26: Adrián en xogada individual; 3-1, min.55: Chicote a pase de Acay; 4-1, min.69: Sergi en velocidade; 5-1, min.81: Sergi recolle un balón dividido no vértice da área e tira cruzado a media altura ao que Manuel fai a estatua. 6-1, min.86: Espi sorprende a Manuel cun tiro a ras do poste.
Capis do Camarinas e Malpica xuvenil-Foto-Luis POrto

Vitoria sin paliativos dun superior Camariñas, que tampouco tivo que empregarse a fondo, ante un Malpica que parecía derrotado antes de saír ao campo, contando ademais Fernando Varela con numerosas baixas, que non lle permiten escapar do posto de pechacancelas.


Laxe - Ponteceso (5-2)

  • LAXE: Diego, Nico, Santi, Galgo, Sergio, Cristian, Djamel, Uxío, Adri, Elías (Ferri, min.20) e Domínguez.
  • PONTECESO: Santos, Villar, Javi Busto, Sergio, Regueiro, Ismail, Pedro, Diego Pérez, Diego Ferreiro, Pablo Pailos e Esteban. Tamén xogaron: Alejandro, Adrián Pose, Dani Sánchez, Rubén e Fandiño.
  • Goles: 1-0, min.10: Domínguez nuha boa xogada de Adri por banda; 1-1, min.25: Sergio; 2-1, min.43: Adri de fermosa vaselina; 3-1, min.44: Adri nunha internada por banda; 4-1, min.55: Santi de penalti; 4-2, min.60: Sergio de penalti; 5-2, min.72: Domínguez tras varios rexeites na área pequena.
  • Lesión: o local Elías tras unha dura entrada ao xeonllo.

Partido xogado baixo a auga ao que se amoldou mellor o cadro laxense, que dominou o choque de principio a fin ante un Ponteceso que acusou a baixa de Eloy por enfermidade. fixo o que puido marcando dous goles por obra de Sergio, onte o Laxe foi o dominador do encontro, cunha boa presión, entradas por banda, combinacións. Claves foron os dous goles ao fío do descanso de Adri Lema para sentenciar practicamente o choque.

Paso atrás deste Ponteceso que viña de gañar 4 partidos seguidos e estaba case metido na loita polas 3 prazas de arriba. Mentres, o Laxe, con 9 puntos, aínda está lonxe dos 19 do Camariñas.



Coristanco - Baio (4-0)

  • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Mol, Varela, Iván, Brandón, Navarro, Bardanca, Bértoa, Joni e Gabriel. Tamén: Anido, Cristian, Suso, Chiqui e Fabio.
  • BAIO:
  • Goles: 1-0: Joni de penalti; 2-0: Gabriel; (descanso); 3-0: Joni; 4-0: Bértoa.

Aspira a todo este Coristanco no que Lorenzo pode contar cun bo fondo de armario, non coma este Baio de Julio Vila que segue con numerosos problemas.

Os locais protestaron ademais un gol anulado a Gabriel por fóra de xogo, un Gabriel que tamén tirou ao pau.


Cabana - Corme (6-0)

  • CABANA: Vázquez, Raúl (Martín, min.50), Grille, Ferreiro, David Varela (Javi Laxe, min.75), Mateo (Oliver, min.15), Laik (David Muíño, min.48), Kevin, Álex Fraga, Redondo (Aurelio, min.65) e Pablo.
  • CORME: Isaac, Rubén, Ángel, David Cousillas, Cris, Isma (Mauro, min.80), Eloy CR, Bruno, Ian (Manu, min.70), Jose e Sergio (Noel, min.80).
  • Goles: 1-0, min.7: Laik cun zapatazo pola escadra dende fora da área; 2-0, min.16: Redondo empurra á rede unha xogada embarullada; 3-0, min.20: Laik nunha boa xogada; 4-0, min.47: Raúl finalizando ben dentro da área; 5-0, min.65: Aurelio remata perfecto tras unha boa falta sacada por Óliver; 6-0, min.70: Aurelio dun perfecto cabezazo.
  • Lesión: o cabanés Mateo con problemas nun xeonllo.

Un partido a priori moi igualado, cun Corme que chegaba a só 3 puntos do líder Cabana, pero non puideron facer nada os cormeláns ante o que probablemente fose o mellor partido dos de Óscar Lema no que vai de campaña, que ademais estivo arroupado polo gran ambiente que había nas Redondas. Tivo sorte o Cabana pois claves foron os tres primeiros goles nos 20 primeiros minutos que lles permitiu afrontar o resto do partido con comodidade.


Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios