Os Concellos de Laxe e Vimianzo piden información sobre o recén aprobado Plan de Xestión dos Penedos de Traba e Pasarela

15 anos despois da catalogación da zona como Paisaxe Protexida, 6 anos despois de poñer a andar o Plan de Xestión, e un ano despois do remate do proceso de exposición pública e da presentación de numerosas alegacións por parte da sociedade costeira, a semana pasada o Consello da Xunta aprobaba o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.
Pero por Vimianzo e Laxe aínda non saben moi ben que implica polo que os seus rexedores, Mónica Rodríguez e Francisco Charlín, veñen de solicitar unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente para avaliar o Plan de Xestión da Paisaxe e trasladarlle as dúbidas xurdidas no seo dos concellos.
“Hai asuntos determinados que non están suficientemente claros, o que fai que necesitemos unha aclaración para ver como proceder na súa aplicación”, aseguran.
Neste sentido, os rexedores de ambos concellos buscan respostas para saber como proceder na xestión deste enclave único.
Pola súa banda, Rodríguez asegura que “necesitamos esta reunión para que se nos responda a moitas dúbidas e poder comezar coa xestión. Trátase de cuestións relativas á programación, ao financiamento, autorizacións de futuro, homologacións e, sobre todo, ao mantemento... En xeral son cousiñas básicas para poder facer ben o noso labor”.
Seguindo esta liña, Charlín referiuse a este encontro como “básico” para coñecer “todos os detalles deste plan. É importante que teñamos
toda a información para poder comezar a traballar e facelo o mellor posible”.
MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS
- Novembro 23: Contramínate ofrece alegacións para mellorar o Plan de Xestión dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Outubro 23: O SEMESCOM critica o eterno retraso na posta en marcha do Plan de Protección dos Penedos de Traba e Pasarela.
- 09-10-2023: Someten a información pública o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Propostas para un comezo ordenado do Parque do Megalitismo.
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- 18-11-22: O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote
ARTIGOS RELACIONADOS
- María José Mato: Un Plan por xustiza.
- @alcolitos_e_eolicos: Os Penedos seguen en modo SOS: Laxe agraciada con tres estacións eólicas.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- Enma Pérez (IES Terra de Soneira): A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?
- Claudia Roget Antelo (IES Terra de Soneira): Os Penedos de Traba e Pasarela.