A ANPA de Buño esixe as melloras prometidas durante anos


Fai anos que a Xefatura Territorial da Coruña se comprometara a levar adiante unha serie de obras no CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño. Pero lamentablemente a día de hoxe seguen sen ser realizadas. Fartos de esperar, a ANPA Buño fixeron entrega onte dunha instancia na Xefatura solicitando a execución das obras comprometidas ao tempo que piden a a realización dun estudo urxente para identificar e eliminar situacións potencialmente perigosas para os nenos debido ao mal estado das instalacións docentro malpicán.
A ANPA fala dun asunto tan fundamental como a mellora do edificio onde está situado actualmente o comedor do centro, onde os cativos sofren filtracións de auga e humidade Pero tamén falan dunha batería de melloras necesarias para a seguridade dos seus fillos.
Anos de promesas e esperas
Lembra a ANPA que a última nova que ten en relación á obra a realizar data de agosto do 2014, “na cal o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, logo de ter unha xuntanza co xefe territorial de educación en agosto de 2014, indica que este curso académico esta previsto realizar os traballos de impermeabilización e o pintado exterior do edificio1. Non obstante, non se concreta nin se facilita documentación algunha en que van consistir exactamente as obras a realizar nin se obtén resposta por parte da Xefatura á petición presentada pola ANPA”, explican.
Dende fai anos, a Xefatura Territorial asegura que vai realizar a ampliación do comedor e a eliminación das filtracións de auga, entre outras actuacións a realizar no colexio2. “A día de hoxe, ningunha das actuacións comprometidas foron realizadas”, lamentan.
Outras necesidades
As necesidades de realización de obras de mellora entendemos que non se limitan ao edificio onde está situado o comedor. O estado xeral do centro CEIP Joaquín Rodríguez Otero está lonxe de poder considerarse minimamente aceptable. Baños de corenta anos que nunca foron reformados, ventás de nulo illamento térmico, zonas de paso exteriores que permanecen embarradas todo o inverno….
Algunha das actuacións deberían realizarse de maneira urxente posto que afectan de maneira grave á seguridade dos nenos da escola. A título de exemplo, estas son algunhas das actuacións necesarias que a ANPA considera urxentes para evitar situacións de grave perigo para os nenos do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño:
- Revisión da instalación eléctrica para comprobar que adecúa á normativa actual en materia de seguridade.
- Substitución do valado e portas exteriores do centro para evitar que poida saír un neno do recinto escolar.
- Adecuación da zona de xogo infantil para que cumpra a normativa actual en materia de seguridade.
- Corte e poda daquelas arbores do centro que presentan un risco importante de caída en caso de temporal.
- A adopción de medidas para que os nenos non poidan acercarse aquelas zonas que representan un risco grave e inminente. (P.ex. Centro de transformación eléctrico, pozo de auga situado no interior do recinto…)
- Que se revise o peche da pista deportiva exterior por se algún dos postes de formigón que o conforman presenta risco de caída.
- Adopción de medidas que reduzan o risco de atropelo no exterior no centro posto que na estrada onde se atopa a porta principal do centro carece de sinalización de zona escolar, beirarrúas e paso de peóns.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- Os alumnos de Baio volven ao Bravú.
- Emoción e loita na II edición dos Premios da Fedanpa.
- Un 70% do alumnado da Costa da Morte secunda a nova folga contra a LOMCE.
- A Fedanpa forma e premia.
- Aloumiños e o Conselleiro levan os Premios Rosalía e Werto da Fedanpa.
- Premios 2013: A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto.
- 2571 sinaturas non convencen á Xunta para dotar con máis especialistas ao CEIP Bergantiños.
- A FEDANPA fai balance dun completo 2014 e mándalle o Bo Nadal ao Conselleiro.
- As protestas polos recortes da LOMCE chegan a Corcubión.
- A eterna denuncia sobre a redución do profesorado.
- Os recortes nas escolas xa están na rúa.
- 07-11-14: A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta.
- A comunidade educativa non queda calada ante os continuos recortes.
- Abrazando o ensino público contra a LOMCE.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- 29-10-14: O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso.
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Fedanpa.