Luns. 07.10.2024
El tiempo

Así é a nova estrutura do goberno en Malpica

PP de Malpica 2023
Varios dos membros do PP de Malpica nun mitin nas pasadas eleccións municipais con Diego Calvo e Evaristo Ben
Así é a nova estrutura do goberno en Malpica

O alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, ditou no día de onte, luns 30 de setembro, sendas resolucións de alcaldía cos nomeamentos das concellerías que conforman o goberno local e das tenencias de alcaldía. Faino despois da saída do goberno de Alfredo Cañizo.

O rexedor malpicán, Eduardo Parga, sinalou que a través deste reparto “buscamos reforzar todas as áreas municipais, ofrecendo en cada unha delas un servizo amplo e efectivo”. Engadiu tamén que a liña principal de traballo es todas estas áreas será “ir da man de todos os axentes sociais para que os nosos veciños e veciñas poidan dispoñer en todo momento dos mellores servizos

O reparto por áreas queda da seguinte maneira:

  • Miguel Ángel Fernández Mirás asumirá a área de Servizos e Obras;
  • Noelia Freijeiro será a responsable de Educación, Cultura, Patrimonio, Deportes e Turismo;
  • María Soledad Blanco Gorín de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería;
  • Rodrigo Mato Garrido ocupará a carteira de Medioambiente, Mocidade, Novas Tecnoloxías, Seguridade Cidadá e Tráfico;
  • Luis Miguel Fernández García asume as competencias de Promoción Económica, Emprego, Mar, Comercio, Medio Rural e Festexos;
  • Eduardo Parga, asume as competencias da área de Urbanismo.

Pola súa parte, as tenencias de alcaldía quedan fixadas do seguinte xeito:

  • Primeiro tenente de alcalde: Miguel Ángel Fernandez Mirás.
  • Segunda tenente de alcade: Noelia Freijeiro Novo.
  • Terceira tenente de alcalde: María Soledad Blanco Gorín.
  • Cuarto tenente de alcalde: Rodrigo Mato Garrido.

Máis novas

Comentarios