Buño estrea O Quinteiro, a nova Asociación de Veciños

Gran acollida á presentación da AVSC O Quinteiro

Este sábado 24 de febrero, tivo lugar no TeleClube de Buño o acto de presentación da Asociación de Veciños e Sociocultural O Quinteiro de Buño. Numerosos veciños e veciñas non se perderon a estrea desta entidade que nace con esa premisa de convertirse nese espazo de reunión de casas, de familias, que representa un "quinteiro".

A entidade, presidida por Begoña Castro Souto, nace cun doble obxectivo: promover o asociacionismo do pobo oleiro coa finalidade de representar os seus intereses ante as administracións públicas, ademais da posta en valor deste territorio e a promoción de actividades encamiñadas a dinamizar a vida social e cultural do pobo.

O Teleclube parte como local social, mais dende a entidade son conscientes da necesidade de que Concello e Igrexa cheguen a un acordo para afrontar unha rehabilitación, pois o edificio está moi cativo.

A xunta directiva, formada ademais de por Begoña, por Pablo García Caaamaño (Vice), Miguel Varela Romay (Secretario), Juan Carlos Penedo Loureiro (Tesoureiro), ademais dos Abel Gómez Varela, Cristina Becerra e Carmen Manuela Otero Pereira como vogais, quedou profundamente satisfeita coa boa acollida da asociación entre os veciños e veciñas, atendendo á alta asistencia ao acto e ao número de socios inscritos nesta xornada.

A entidade invitan á veciñanza a sumarse ao proxecto, e podes contactar con calquera membro da directiva ou a través do correo avscoquinteirobuno@gmail.com.

MÁIS NOVAS

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS NOVAS

MÁIS INFO