Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Preferente: Resaca triunfal do Sofán

11 do Sofan ante o Residencia
11 do Sofán ante o Residencia
Preferente: Resaca triunfal do Sofán

Terceira vitoria consecutiva e 6º partido sen perder do cadro de Pablo Torreira. Non perde o combo o cadro carballés despois da incrible pero agridoce experiencia da Supercopa de Balaídos, e segue achegándose paseniño á zona nobre. O máis importante, que parece demostrar a súa superioridade ante equipos da zona baixa como o Residencia.

Residencia - Sofán (0-4)

  • Sofán: Gardu, Noe, Becerra, Raúl, Currás, Luca, Fita, Martín Pereira, Marcos Montero, Miguel Taibo e Braian. Tamén: Maario, Iván, Fabián, Brais Cancela, Alex Gallego e Bandera.
  • Goles: 0-1, m.9: Luca; 0-2, m.20: Marcos Montero; 0-3, m.55: Miguel Taibo; 0-4, m.80: Braian.

Resaca triunfal do Sofán trala derrota de Balaídos. O cadro carballés demostrou estar un paso por encima deste equipo sumerxido en zona de descenso. Os lucenses intentaron levar a iniciativa pero os carballeses, sobre todo na segunda, foron un rodillo.

Xa se adiantaron pronto cun tanto de Luca e pouc despois con outro de Montero. Sen sufrir atrás chegaron ao descanso e a segunda metade foi un monólogo vermello.

Máis novas de interese

CRÓNICAS DA PREFERENTE

Máis novas

MÁIS INFO

Comentarios