Venres. 03.05.2024
El tiempo

Preferente O Sofán despide o 2023 na 4ª praza

SD Sofan agradecendo a afeccion
A SD comezaba agradecendo a colaboración da afección durante todo o ano e especialmente na Supecopa
Preferente O Sofán despide o 2023 na 4ª praza

Espectacular a recta final deste 2023 do Sofán. Ademais da agridoce experiencia da Supercopa, o cadro de Pablo Torreira pechou o ano coa súa cuarta vitoria consecutiva, e 8º partido sen perder, acabando na 4ª praza de toda unha Preferente. Dase a circunstancia que son 5 os equipos que quedan con 26 puntos, polo que os carballeses están igualados co Boiro (2º) e tamén co San Tirso (6º), despois de vencer ao Lemos no Carral.

Sofán - Lemos (1-0)

  • Sofán: Pablo García; Raúl, Ivan, Noé, Braian; Fita, Fabián; Martín, Bandera, Marcos e Miguel Taibo. Tamén: Mario, Dani Pena, Luca, Brais Cancela, Alex Gallego, Javi Souto.
  • Gol: 1-0, m.19: Marcos Montero tras unha combinación entre Taibo e Bandera.

Vitoria de mérito ante un gran rival dos de Pablo Torreira, que tiña de novo baixas tan importantes como as de Alexandre, Gody, Becerra, Currás, Aarón Muros. Xa nos primeiros minutos os visitantes demostrando unha alta intensidade, pero Taibo tiña a primeira tras un pase de Bandera que sacou o porteiro. Tiveron os lucenses un balón ao pau, pero en liñas xerais seran mellor os carballeses, que se adiantaban pronto por medio dun Marcos que puido marcar o segundo nun man a man que salvou un defensa na liña de paus.

Na segunda, non houbo tantas ocasións claras, a máis singular un remate de Luca que rematou na área pequena tras unha área por bande dereita con centro de Raúl Pérez. Pero a nivel defensivo estiveron moi serios os locais, permitindo que o gol de Marcos fose definitivo.

Máis novas

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS NOVAS

MÁIS INFO

Comentarios