Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán volve ao refuxio do Carral

11 do Sofan-Ribadeo
Un 11 do Sofán esta temporada
Preferente: O Sofán volve ao refuxio do Carral

7 vitorias, 2 empates e 1 derrota leva a SD nos últimos 10 partidos. Recuperou a senda da vitoria o cadro carballés despois do tropezo da semana ante o San Tirso, e fíxoo ante outro rival directao da zona alta, que chegaba empatado a puntos cos carballeses, nese nutrido grupo do segundo vagón. Os de Pablo Torreira seguen metidos de cheo na loita polo ascenso directo, a 6 do líder, o intrtatable Noia, pero a só 1 de Boiro e do propio San Tirso.

Sofán - Miño (2-1)

  • Sofán: Gardu, Iván, Noé, Raúl, Currás, Dani Pena, Martín, Braian, Fita, Taibo, Bandera e Martín. Tamén: Mario, Luca, Aarón Fdez., Gallego, Montero e Javi Souto.
  • Goles: 1-0, m.39: Dani Pena; 1-1, m.42: Iván Amigo de penalti; 2-1, m.76: Martín.

Volveu ser o Carral ese fortín que necesita o cadro de Pablo Torreira, onde se sinte arroupado e quente a pesar da friaxe da tarde dominical. Foi un choque moi disputado, condicionado polo vento, que provocou que na primeira metade non houbese demasiado xogo nin ocasión claras. Si acertou a SD nunha das poucas chegadas claras, cando Dani Pena aproveita o rexeite do porteiro tras un disparo de Martín. Pero apenas un par de minutos despois o Miño marcaba tras un protestado penalti.

Todo quedaba igual para a segunda, cun Miño máis encerrado, deixando o dominio á SD. Non houbo moita profundidade ata que unha recuperación entre Bandera e un gran Fita, permitiu a Martín marcar á segunda, tralo rexeite do porteiro. A partir de aí, o Sofán tirou de oficio e foi deixando esmorecer o choque.

Máis novas

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS NOVAS

MÁIS INFO

Comentarios