Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán comeza o 2024 na 2ª praza

Sofan celebrando un gol
Preferente: O Sofán comeza o 2024 na 2ª praza

Tremenda que suma 5 vitorias seguidas (6 vitorias e 2 empates nos últimos 8 partidos) e que se coloca neste comezo de 2024 na 2ª praza. Lonxe queda un Noia que parece dificilmente alcanzable, pero esa segunda praza será unha fermosa loita na que hai máis de media táboa, pois entre a SD e o 12º, precisamente o Dubra, o equipo que doblegaban os carballeses onte, hai só 8 puntos de distancia.

Dubra - Sofán (1-3)

  • Sofán: Gardu, Iván, Noé, Raúl, Currás, Fabián, Martín Pereira, Braian, Fita, Marcos Montero e Javi Souto. Tamén: Mario, Miguel Taibo, Dani Pena, Marcial, Brais Cancela, Alex Gallego e Bandera.
  • Goles: 0-1, m.19: en propia trasunha xogada de Javi Souto; 0-2, m.67: Fita; 1-2, m.79: Borja Gándara; 1-3, m.81: Dani Pena.

Tremenda a colleita de Reis do cadro de Pablo Torreira. O equipo carballés foi mellor no Juan Baleato e colleitou uha vitoria máis que traballada. Abriu o marcador cun gol en propia tras unha boa xogada de Javi Souto. Sentoulle ben o tanto aos visitantes, que dominaban máis territorialmente pero sen demasiada profunidade.

Na segunda o Dubra empurraría máis, pero a SD, á contra, facía máis dano, e nunha desas presións altas Fita roubaba e marcaba a porta baleira. O equipo botouse algo atrás e co empurre o Dubra recurtou pero afortunadamente, nunha transición Gallego lanzou a Dani pena para facer o terceiro.

MÁIS NOVAS

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS NOVAS

MÁIS INFO

Comentarios