Luns. 29.04.2024
El tiempo

Preferente: Un punto que voa no desconto

11 do Sofan en A Grela
11 do Sofan en A Grela
Preferente: Un punto que voa no desconto

Derrota no último suspiro do Sofán en A Grela. Os carballeses xogaron un dos peores partidos dos últimos meses, que acabou ademais da peor maneira, provocando a caída do equipo ata a 7ª praza. Así e todo, a tempada dos de Pablo Torreira segue sendo excelente e mesmo manteñen as opcións intactas de meterse nos postos de ascenso, pois están a 4 puntos do 2º clasificado.

Victoria - Sofán (1-0)

  • Sofán: Gardu, Boé, Raúl, Dani Pena, Aarón, Fita, Taibo, Fabiçan, Martín, Braian e Javi Souto. Tamén: Mario, Marcial, Luca, Brais Cancela, Gallego, Montero e Bandera.
  • Gol: 1-0, m.90: Alejandro Varela.

Mal partido dos carballeses que non se adaptaron ao horario matutino. Empezaron moi espesos, ante un Victoria que levaba a manixa do partido, e que puido abrir o marcador dende os 11 metros. Pero fallaron os herculinos deixando vivos a un Sofán, que na segunda, intentaba profundizar, pero apenas piso área contraria en todo o partido. Tan só unha internada pola dereita de Gallego que cede a Brais e na que intervén Bandera puxo algo de medo ao rival, pero aí quedaría todo o ataque bergantiñán.

E cando parecía que o partido esmorecía de aburrimento nun empate a ceros, chegaba o gol local que daba 3 puntos fundamentais para eles, que lles permite saír da zona de descenso.

MÁIS NOVAS

CRÓNICAS DA PREFERENTE

MÁIS NOVAS

MÁIS INFO

Comentarios