Esteiro acende os motores para a baixada e o Festival das Carrilanas

No marco dunha gran fin de semana de Carme, para a vila de Esteiro esta é especial por outro motivo. A parroquia muradá ten xa todo listo para o Festival e a Baixada das Carrilanas, unha das Festas de Interese Turístico Galego máis singular da nosa comarca. Unha das festas que trascende a Costa da Morte e xa é todo un referente a nivel autonómico.
Pasa este por ser un ano especial, tralo pasamento do Gerente, o gran promotor e valedor das Carrilanas, como lembraron durante a presentación tanto do festival como do XXXIII Gran Prix de Carrilanas de Esteiro.

Baixada
Xa está a Costa do Maio reservada e sinalizada para a gran baixada. Botade un ollo aos horarios para ver as frechas feitas artesanía, e aproveitade para ir ver o museo.
O Festival gratuito máis grande de Galicia
Co acceso gratuito, o Recinto do Artón encherase durante dúas xornadas nocturnas (15 e 16 de xullo) e dúas en sesión mediodía (16 e 17 de xullo).
A cita será unha reinvindicación do talento galego, con grandes artistas consagrados como Xoel López, o cabeza de cartel; os eternos Herdeiros da Crus, na súa Xira 30 aniversario; a combativa Sés ou Terbutalina (os muradáns presentan o seu novo traballo "Costa Abaixo" que inclúe un videoxogo de Carrilanas).
Pero tamén chegan bandas emerxentes que están rompendo dende Galicia para o todo o planeta, como o directivo directo de Ortiga, ou as frescas guitarras dos tamén muradáns The Rapants, a banda do momento en Galicia. Ademais, A Banda da Loba estrea traballo "Xabón de Lagarta" e os tamén locais Capital Voskov completan os artistas de primeiro galego.
Ademais haberá música da península. Desde Cataluña volven ao festival Itaca Band con novo disco "Mil tormentas y un sol" e un directo espectacular. Desde Madrid veñen os Venturi, co seu novo disco.
Máis info:
Novas relacionadas
- Maio 22: Pesar en Esteiro polo pasamento do Gerente.
- 2022: O Festival das Carrilanas e o Castelo Rock xa contan as horas co cartel ao completo.
- 2021: As Carrilanas estrean o título de Festa de Interese Turístico Nacional co GP Virtual e moita música.
- Febreiro 21: As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional.
- Febreiro 21: Sentir as Carrilanas: Un proxecto social para convertir en pilotos á rapazada invidente.
- “O Gerente” cede todo seu legado ás Carrilanas.
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
- 2018: Un 10 para as Carrilanas de Esteiro.
- 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.
- 2016: Trasouteiro homenaxeou o Gerente, o rei esteirán das Carrilanas en Galicia