Volve a música en directo á Sala Nasmo
07:41 12/05/22
Tiña moitas gañas a Sala Nasmo, o auténtico corazón da música muradá, de volver armar “saraos”. O pasado mes de outubro xa saían dos tenebrosos tempos pandémicos cun divertido concerto de bateras na mesma praza do Curro. Este venres 13 de maio volven á carga, con dúas bandas da casa e moitos amigos dende as 19:00h en Baño (nun espazo exterior) e con entrada de balde.
Hai nada coñecimos o novo bombazo social de Sonophobia a nova-veterana banda rockeira. Subirán ao escenario tamén The Balayöös, a novísima banda que demostra o talento da canteira muradá.
Quedan ademais algunha que outra banda por confirmar.
Máis novas de música
- Sonophobia lanza o seu rock social.
- Apart presenta o vídeoclip do último tema do seu último álbum, gravado no Patacón.
- Rouco Son, unha nova revista para espallar o metal e rock galegos.
- Xaneiro 22: Teima lanza unha necesaria versión metaleira de “Túa nai é meigha”.
- A Arroutada de Lóstregho, xa en vinilo.
- Outubro 21: A Sala Nasmo e os colectivos muradáns demostraron que Muros é "profundamente musical”.
- Xullo 21: Sonophobia, a nova banda interxeracional xestada na Sala Nasmo.
- Xuño 21: A vida que xeran a Escola de Música de Muros e a Sala Nasmo.
- Febreiro 2021: Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego.
- Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”.
- O muradán Lucas Rei Ramos acada o primeiro premio do Concurso Internacional de Composição de Póvoa de Varzim.
- The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”.
- ”A Sala Nasmo é un servizo crucial para o nacemento de bandas como Deleiba.
- Chejar e encher, xa na rúa o primeiro disco da banda muradá Lisdexia.