Dureza e solidariedade noutra fermosa etapa do Camiño dos Faros
Baixas previsións había ante tanta festa. E aínda así, foron 316 os trasn@s que se uniron á 2ª etapa do Camiño dos Faros para vertebrar a Costa da Morte a pé e pegados ao litoral. De Niñóns a Ponteceso, tocaba unha etapa dura, e así o sufriron os trasn@s primeirizos, despois dunha mala pretemporada estival. Pero unha etapa ben fermosa.
Unha marabilla ver os comentarios que lle poñen a Traski polas redes sociais, as verdades culpables de toda esta revolta: “Un placer caminar por el camino mas bonito del mundo”, escribe Rosalía Ajamil; ou ese “hoxe foi un día dos que engancha de verdade”, asegura José Ramón Pais. E ollo ao que di Dolo: <“cite>Dicen que la felicidad no es una estación a la que llegar, sino una forma de viajar... Yo ya he encontrado mi camino de felicidad: O Camiño dos Faros. GRACIAS!”. Aí é nada.
Foi ademais a etapa da solidariedade. I é que ao ser unha etapa bastante dura déronse exemplos de compañeirismo trasno fantásticos. Compartir é vivir nestas citas e a crema protectora non ten dono, como as bebidas isotónicas. Gusta ver tamén como uns trasn@s agardan por outros, como todos comparten mesa para comer, como todos se animan cunha palabra/mirada de agarimo…
Unha das paradas máis interesantes tivo lugar no mesmo Cabo Roncudo, onde o gran Suso Lista explicou o traballo dos percebeiros. “Momento maxico no camiño” con este “Xenio e Figura”. Dende logo que “dá gusto oílo”.
Con Previa e post
Ver como interactúan os trasn@s alá por onde vaian é impresionante. Desta volta tocou coñecer aos veciños de Brantuas. Primeiro foron ata o Faro de Brantuas, a falar cos veciños e presentarlle o Camiño. De aí á Casa dos Veciños, onde mesmo a Traskiband realizou un concerto e todos disfrutaron duns petiscos.
E dá gusto ver eses establecimentos que se volcan ca iniciativa, como a xente da Eira, que prantou unha enorme paella para os trasnos que quedaron ao remate da etapa na Barquiña.
Calendario da 4ª edición do Camiño dos Faros
As etapas desta cuarta edición faranse os domingos, para que os que traballan os sábados poidan participar. Irémolas facendo cada 15 días para acabar o 6 de Decembro en Fisterra.- Domingo 28 SEP: Etapa 3: Ponteceso-Laxe.
- Domingo 12 OUT: Etapa 4: Laxe-Arou .
- Domingo 26 OUT: Etapa 5: Arou-Camariñas.
- Domingo 9 NOV: Etapa 6: Camariñas-Muxía.
- Domingo 23 NOV: Etapa 7: Muxía-Nemiña.
- Domingo 6 DEC: Etapa 8: Nemiña-Cabo Fisterra.
Máis información
Novas relacionadas
- Medio millar de trasn@s volven invadir o Camiño dos Faros.
- Os trasnos volven ao Camiño dos Faros para afianzar este recurso turístico incomparable.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Medio millar de camiñantes puideron co tempo.
- Un ano de trasnos.
- A Costa da Morte venera o sendeirismo.
- Sendeirismo con conciencia.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- As Andainas toman o relevo de Traski para vertebrar a pé a Costa da Morte.
- A divulgación 2.0 dos Camiños do Mar, finalista duns premios europeos sobre patrimonio.
- De Camiño dos Faros cos trasnos milenarios.
- Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca.
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
O Camiño dos Faros por etapas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).