Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: Fisober B e Lira empataban mentres o Ponteceso ameaza o liderato

FSF: Fisober B e Lira empataban mentres o Ponteceso ameaza o liderato
As xogadoras do Ponteceso FSF

Estaba a xornada marcada polo Campionato de España de Seleccións, que tanto disfrutamos ca vitoria da porteira muxiá Eva ca Selección Galega. Un triunfo que enche de orgullo a todo o Fútbol Sala Feminino costeiro, especialmente á familia do Fisober, onde se formou.
Así, non había partidos das ligas estatais, pero si da Provincial, con especial atención ao derbi entre o filial do Fisober e o Lira FSF, que se saldou cun empatiño.

Ademais, o Vila de Cee voltaba á competición tras tres semanas de parón, e o facían cunha vitoria clara ante o Cruces.

Liga Provincial

Fisober B e Lira no derbi costeiro de FSF
  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. - LIRA F.S.F. (1-1).
  • FISOBER B: Alejandra, Andrea Piroja, Nuriña, Paula Fandiño e Laura; Tamén xogaron: Tamara, Andrea Muíño e Antía.
  • LIRA: Lía, Inés, María Tobio, Sandra e Barbara; Tamén xogaron: Alba, Martina e María.
  • Goles: Co 0-0 chegouse o descanso; 1-0 Antía, 1-1 Sandra.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo. Era un encontro especial pois co equipo liracho chegaba Alba Cambeiro, que tantas tempadas militara no primeiro equipo do Fisober, do que saíra na tempada 2011-12.

O filial do Fisober acadou o seu primeiro punto na segunda volta e o primeiro punto coma local esta tempada, nun derbi moi intenso. Un encontro que puido gañar calquera, no que ao Fisober lle queda un sabor máis agrio pois a tres minutos do final estaba en vantaxe no electrónico. Foi a cadete baiesa Antía a que anotaba o seu primeiro gol na Liga Provincial, nesta tempada na que se está a producir o seu debut na categoría e no clube. Un gol que chegou no arranque da segunda metade.

O gol de Antía foi neutralizado a tres minutos para o final pola visitante Sandra, poñendo o definitivo 1 a 1 co que se chegou o final do partido. Reparto de puntos o igual que na primeira volta.

O filial non terá partido ata o vindeiro día 28 no que visita a pista de A Baña onde milita outra ex coma María Maroñas xa que a próxima semana deben descansar e a seguinte para a Liga.
Ademais, o Lira FSF enfrontarase ao A Bañá (un rival asequible para seguir sumando), o sábado 14 ás 18:00h no Municipal de Lamas de Castelo.

Fisober B-Lira

Liga Provincial

  • Resultado: SD A Baña - Concello de Ponteceso FSF (0-6).
  • Goles: 0-1.- Martina (min.4); 0-2.- Carla (min.8); 0-3.- Martina (min.15); 0-4.- Sandra (min. 21); 0-5.- Ana (min. 30); 0-6.- Carla (min. 35).

Vitoria contundente das de Barca na súa visita á Baña cun set endosado. Unha vitoria que as deixan empatadas co BeArt Coruña de Leny a 29 puntos na psegunda praza, pero cun partido menos, e a só 3 do líder, o Viaxes Amarelle, polo que a falta de 7 xornadas, a loita está moi aberta.

As pontecesáns reciben a vindeira semana aos Espartanas, o pechacancelas.

Liga Provincial

  • Resultado: FSF Villa de Cee - Cruces FSF (5-2)
  • VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, Andrea e Maria. Tamén participaron: Marta, Sandra, e Serena.
  • Goles: 1-0, min.15: Andrea; 2-0, min.17: Andrea; 2-1, min.19; 3-1, min.24: Sandra; 3-2, min.30; 4-2, min.35: Andrea; 5-2, min.38: Adriana.

Saíron con ganas a pista o Fsf Villa de Cee, as rapazas parece que despois de tres semans sen xogar botaban de menos a competición. E dende o pitido inicial foran a polo partido, dominando o xogo, tendo a posesión da pelota e creando moitas ocasións de gol. O Cruces trataba de cerrarse atrás e intentaba algunha contra, pero o peso do partido o levaban as Ceenses, as cales grazas a ese traballo recibiron premio, gol de Andrea en torno o minuto 15, e aos poucos minutos marca de novo Andrea o 2º gol. Xa ca vantaxe do 2-0 baixaron un pouco o ritmo as ceenses, e ocasionou que nunha das escasas chegadas do Cruces FSF as visitantes conseguiran marcar nos minutos finais da primeira parte, índose para o descanso cun 2-1.

Xa na 2ª parte arrancaron de novo con gañas as do FSF Villa de Cee, e aos poucos minutos nunha bonita xogada Andrea centra a Sandra e consegue marcar o 3-1. O Cruces, vendo que se lle escapaba o partido, intentou adiantar as súas liñas, e arriscou algo máis en ataque, e conseguiu recortar o marcador e poñerse 3-2, pero as Ceenses non estaban dispostas a deixarse dominar e Andrea consegue marcar o 3º e xa nos últimos minutos e Adriana marca un golazo quedando de resultado xa definitivamente 5-2 a favor das ceenses.

Xa finalizando a Crónica as Estrelas esta semans son para: 3* para Andrea pola seu partidazo e o seu triplete de goles, 2* para Sandra recuperada xa da súa lesión mostrou o seu mellor xogo e incluso conseguiu marcar. 1* para a capitana Adriana, liderando ao equipo e conseguindo posiblemente o mellor gol da Xornada.

A vindeira semana as ceenses visitaran Betanzos para enfróntanse o Troula FSF, equipo que acaba de dar a sorpresa da xornada o ganarlle a Meca a domicilio.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios