Mércores. 29.01.2020
El tiempo

O BNG de Ponteceso tamén escolle ao seu candidato

O BNG de Ponteceso tamén escolle ao seu candidato
Carlos Penedo candidato BNG Ponteceso

Seguimos coñecendo as caras que teremos valorar nas Eleccións Municipais de maio. E hoxe toca ir ata Ponteceso, onde Carlos Penedo Casmartiño será o candidato de BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Ponteceso. Ten 59 anos, vive na Campara, e acumula unha importante experiencia no traballo sindical. Foi presidente do Comité dunha empresa do sector téxtil e tivo diversas responsabilidades no sindicato nacionalista CIG.
Carlos asume con ilusión e moitas gañas a responsabilidade de encabezar a candidatura, e “comprométese a traballar por mellorar Ponteceso e as condicións de vida da súa veciñanza, desde a honradez e o compromiso cun proxecto de país”.

Lista do BNG en Vimianzo

Ademais, o BNG de Vimianzo aprobou en asemblea, por unanimidade, a candidatura coa que se presentará ás vindeiras eleccións municipais de maio. Unha lista formada por trece candidatos e candidatas e dez suplentes, 12 homes e 11 mulleres que representan ás 14 parroquias do concello, pertencentes a diferentes sectores da sociedade: profesionais, empresarios, pensionistas, estudantes, representantes de asociacións, etc.

Esta candidatura, dispota a revalidar a Alcaldía nas elección municipais, darase a coñecer o vindeiro sábado, día 11 de abril, nun acto que terá lugar na Casa da Cultura, ás 21.30 horas.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios