Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O BNG esixe, por enésima vez, unha solución inmediata á Autovía Costa da Morte

O BNG esixe, por enésima vez, unha solución inmediata á Autovía Costa da Morte
Voceiros do BNG na Autovia en Santa Irene en marzo 2013 e xuno 2014

Non vale a esperanza de que a nova Conselleira de Infraestruturas sexa de Ponteceso. Ao BNG non lle cola, e por iso envía unha nova nota, unha máis, esixindo que a Autovía da Costa da Morte sexa unha realidade canto antes.
Teñen pasado polos medios esixindo esto mesmo en nese setembro e nese mesmo outubro, ademais de en marzo deste mesmo ano. Pero a Xunta fai oídos xordos das esixencias da oposición como da veciñanza.

Onte era a parlamentaria Ana Pontón, acompañada de varios responsables costeiros, a que se achegaba ao lugar de Santa Irene, en Vimianzo, o mesmo lugar no que denunciaban a parálise das obras en marzo de 2013, “no que se pode ver que a pesares do tempo transcorrido nada cambiou”, sinalan.

Hoxe, 8 meses despois de presentar unha iniciativa, falarase no Parlamento, sobre a Autovía Costa da Morte. O BNG comparará as obras da Autovía co Escorial, denunciando que “logo de moitas promesas e visitas do Goberno á Costa da Morte a realidade é que as obras seguen paralizadas, alonxándose cada vez máis no tempo o remate desta infraestrutura. Unha situación que vén sendo denunciada tanto nesta comarca, como no propio Parlamento Galego. Porén a Xunta de Galiza pretende negar o evidente e tapar as súas responsabilidades e complicidades cos incumprimentos das empresas concesionarias”.

Recordaron tamén as críticas ao feito que consideran “escandaloso”, de que a Xunta adxudicara o proxecto á oferta máis cara e que siga optando por unha fórmula que encarece ata en 4 veces o custe das infraestruturas. E aínda enriba a empresa se declara en creba polo que non pode levalas adiante…

Multar á concesionaria e rematar con fondos públicos

Por iso, dende o BNG instan á Xunta de Galiza a “resolver o contrato para a construción da Autovía da Costa da Morte coa empresa concesionaria, impóndolle as penalidades previstas no prego, renunciando á formula concesional e asegurando a finalización das obras a través da execución dun contrato de execución de obra pública”.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios