Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A ponte de Baio abrirá un carril a partir do 16 de agosto

A Xunta explicoulles aos alcaldes os motivos do restraso dun mes na apertura dun carril
Ponte Baio (5)
A ponte de Baio abrirá un carril a partir do 16 de agosto

Tralas queixas, primeiros dos rexedores e despois dos empresarios, a Xunta recibía a Lolo Muíño, alcalde de Zas, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, para explicar os retrasos nas obras da Ponte de Baio. O director da Axencia Galega de Infraestruturas explicou que foi imposible abrir uncarril ao tráfico o pasado 17 de xullo, xa que “unha vez iniciadas as obras, se comprobou que a antiga beirarrúa, que estaba nun voadizo sostido por un contrapeso sobre a propia ponte, era de maiores dimensións que as previstas, o que obrigou a facer demolicións de maior alcance”.

Ademais, sinalou que “apareceron irregularidades na fábrica de pedra do interior do arco, que obrigaron a modificar a disposición das conducións de servizos”, polo que houbo que “recalcular a estrutura de apoio e a futura lousa”.

En fin, que a Xunta intentará traballar fins de semana incluídos, para poder abrir ao tráfico un carril de circulación da ponte, regulado por semáforos, a partir do día 16 de agosto. O paso peonil na ponte mantense aberto en todo momento.

Mónica Rodríguez recoñece que “Non nos gusta este retraso, pero se é forza maior pois…” Lamenta, dende logo que “estes cambios técnicos perxudican moito, sobre todo os negocios”, pero “esperemos que agora poidan camiñar coa execucion e podan traballar os findes para cumplir plazos”.
Lolo Muíño pola súa parte valora a explicación.

Artigos relacionados

Historial das obras da ponte de Baio

Comentarios