A ponte de Baio abrirá un carril a partir do 16 de agosto
Tralas queixas, primeiros dos rexedores e despois dos empresarios, a Xunta recibía a Lolo Muíño, alcalde de Zas, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, para explicar os retrasos nas obras da Ponte de Baio. O director da Axencia Galega de Infraestruturas explicou que foi imposible abrir uncarril ao tráfico o pasado 17 de xullo, xa que “unha vez iniciadas as obras, se comprobou que a antiga beirarrúa, que estaba nun voadizo sostido por un contrapeso sobre a propia ponte, era de maiores dimensións que as previstas, o que obrigou a facer demolicións de maior alcance”.
Ademais, sinalou que “apareceron irregularidades na fábrica de pedra do interior do arco, que obrigaron a modificar a disposición das conducións de servizos”, polo que houbo que “recalcular a estrutura de apoio e a futura lousa”.
En fin, que a Xunta intentará traballar fins de semana incluídos, para poder abrir ao tráfico un carril de circulación da ponte, regulado por semáforos, a partir do día 16 de agosto. O paso peonil na ponte mantense aberto en todo momento.
Mónica Rodríguez recoñece que “Non nos gusta este retraso, pero se é forza maior pois…” Lamenta, dende logo que “estes cambios técnicos perxudican moito, sobre todo os negocios”, pero “esperemos que agora poidan camiñar coa execucion e podan traballar os findes para cumplir plazos”.
Lolo Muíño pola súa parte valora a explicación.
Artigos relacionados
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais.
- A reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural.
Historial das obras da ponte de Baio
- 27-07-21: "Xa non tendes moita xente, pero agora coas obras da ponte menos”.
- 23-07-21: Vimianzo e Zas piden explicacións á Xunta polo retraso das obras de Baio.
- 28-06-21: A ponte de Baio queda pechada ao tráfico ata o 17 de xullo. Así son as obras da ponte de Baio.
- Xuño 21: Comezaron as obras da ampliación da Ponte de Baio... 10 anos despois.
- 2016: Denuncian a redución do proxecto de ampliación da ponte da Piroga
- Xaneiro 2016: Realizan catas para ampliar a senda peonil da ponte de Baio.
- 2011: A Xunta licita a Ponte da Piroga.