O Semescom achega novos datos para interpretar as formas dos Penedos
O catedrático de Xeografía Física da USC, Augusto Pérez Alberti, presentará este sábado día 5 de novembro en Pasarela (ás 20 horas na escola Labarta Pose) o seu último traballo referente aos Penedos de Pasarela e Traba, denominado “Novos datos para a interpretación das formas dos Penedos de Pasarela e Traba”. Faino da man do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), a Asociación de Veciños de Pasarela (AsVePa) e a Plataforma SalvemoSOSPenedos.
Coñecido é, desde hai tempo, o traballo realizado polo profesor Pérez Alberti referente aos Penedos de Pasarela e Traba, pois mesmo foi o director do equipo da USC que levou a cabo en 2008 o traballo de investigación na área dos Penedos de Pasarela e Traba por encargo da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, traballo que levaría á Xunta de Galicia á decisión de declarar “Paisaxe Protexida” esta paraxe singular (DOG 12-01-2009), que aínda hoxe é unha das dúas únicas paisaxe protexidas recoñecidas oficialmente. Mais non rematou aquí a relación de Alberti cos Penedos, pois participou moi activamente na elaboración, xunto co equipo do Consello da Cultura Galega, na redacción das alegacións presentadas por este organismo asesor do goberno galego, contra a instalación de muíños eólicos na área da paisaxe protexida. O pasado mes de setembro recollían os medios a participación de Augusto Pérez Alberti no Congreso Internacional de Xeomorfoloxía celebrado en Coímbra (Portugal) coa ponencia “A paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba”, que despois publicaría na revista Nemus, de Castellón, consagrando os Penedos como lugar xeolóxico paisaxístico de importancia internacional.
Papaventos
Ademais, o 19 de novembro hai convocada unha concentración de Papaventos para loitar contra os viraventos que ameazan os Penedos.
MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
- Outubro 22: Máis alegacións contra os Eólicos que ameazan os Penedos.
- Setembro 22: Laxe e Vimianzo piden unha reunión con Patrimonio para saber o estado do Plan dos Penedos.
- Setembro 21: Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela:
- Laxe e Vimianzo presentan o novo folleto coas rutas dos Penedos.
- 14-06-21: A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos.
- 28-05.21: O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela.
- 23-05-21: A poesía voltou ao rescate dos Penedos.
- Maio 21: Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Abril 21: "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- 30-04-2021: Laxe e Vimianzo tiran dos Penedos de Traba e Pasarela .
- 27-03-2021: O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela.
- "Esta paisaxe xera máis riqueza que os parques eólicos”.
- Febreiro 21: Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote