Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Tesouros de Berdoias: A Casota e a Mámoa de Freáns

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.
Tesouros de Berdoas Casota de Freans
Tesouros de Berdoias: A Casota e a Mámoa de Freáns

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XXVII):
PREHISTORIA: A CASOTA E A MÁMOA DE FREÁNS

 

A CASOTA DE FREANS

A Casota de Freáns, tamén chamada Casota dos Mouros ou de Berdoias, é unha pequena anta situada ao pé dun camiño tradicional, acaroada a un muro lindeiro dunha parcela agrícola, a pouco máis de 800 m de Berdoias.

A partir da segunda metade do século XX foi foco de atención dos estudosos do megalitismo:

- Na década dos 30 a Casota acadou sona internacional tras ser estudada polo matrimonio de arqueólogos alemáns, os Leisner.
- En 1948 foi obxecto de estudo por Luís Monteagudo, e en 1953 por Ramón Sobrino.
- Na primeira década deste século, tralos traballos dirixidos polo arqueólogo A. Rodríguez Casal, a Casota de Berdoias foi unha das antas seleccinadas para incluír dentro do anunciado Parque do Megalitismo da Costa da Morte, aprobado pola xunta en 2016.
- Esta Casota é de planta rectangular de tres lousas chantadas verticalmente, ben encaixadas, e cunha tampa de cubrición monolítica. A súa forma, a ausencia de corredor e de túmulo fan considerar ós arqeólogos que forma parte das arcas megalíticas, antecesoras das cistas da idade de Bronce, entre o 2.500 e o 2000 a. C.

Nas caras internas das tres lousas verticais ten gravados: Coviñas e cruces, distribuídas dun xeito peculiar que levou a que varios autores formulasen hipóteses dun mapa estelar, da posible representación de constelacións, no que cada coviña se correspondería cunha estrela.
Na parte exterior da tampa hai unha cruz histórica, e tamén dúas coviñas.

2 A Casota de Freáns, foto dos Leisner copiaA Casota de Freáns, foto dos Leisner

3 A Casota con parte dos seus gravados copiaA Casota de Berdoias e parte dos seus gravados

                               Calcos das tres lousas verticais con gravados. (do C. A Rula e de Árbore, Arqueoloxía e Restauración)

5 Nunha xeira nocturna, do C. A Rula copiaNunha xeira nocturna organizada polo C. A Rula

A Mámoa de Freáns

A mámoa de Freáns está situada a 700 m de Berdoias, nun prado natural a carón do mesmo camiño tradicional que conduce á Casota, que queda 200 m máis adiante.

É unha tumba composta por un túmulo, un pequeno amoreamento de terra de 1,30 m de altura, de planta, neste caso, ovalada: con diámetro N-S de 17,50 m, e con diámetro E-W de 22, 70 m.

A forma de casquete esférico deste túmulos, sobre todo os de planta circular, recordan a unha mama, de aí o nome que se lle dá.

As mámoas acubillan no seu interior un sepulcro de pedra, unha anta, aínda que hai mámoas que xa non se lle atoparon.

Nesta mámoa de Freáns, a falta de escavación, non se aprecia polo exterior restos nen presencia de sepulcro de pedra.

6 Debuxo dunha mámoa, de X.M. Lema copiaDebuxo de X.M.Lema do seu libro “Polas antas e mámoas da Costa da Morte (2006)

7 Mámoa de Freáns, foto de Manuel Rial copia 2A mámoa de Freáns (Foto de Manuel Rial)

  • *A información básica sobre este texto e unha parte das fotos proceden:
    - Da publicación do Colectivo A Rula: “Na espiral dos círculos concéntricos (2019)
    - Da publicación de Xosé María Lema: “Polas antas e mámoas da Costa da Morte” (2006).

 

TESOUROS DE BERDOIAS

Comentarios