Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis

O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis
Aquacenit esta facendo unha temporada tremenda

Só foi o Concello de Zas Aquacenit o que conseguiu algo positivo nesta xornada, nun encontro que se xogou o domingo pola mañá. O equipo zasense conseguía unha vitoria que o mantén no máis alto da 1ª División Galega con 8 vitorias e unha soa derrota.
Na outra punta da táboa, de pechacancelas mantense o Concello de Zas O Gaiteiro, que esta semana a piques estivo de darnos unha gran alegría.

E se en 3ª Nacional o Anorthosis non xogaba, mala xornada para os nosos na 2ª Galega, onde colleitaron 3 derrotas. O Pinar mantense nunha cómoda 6ª praza pero o Construcciones Cernadas segue sen coñecer a vitoria tras 9 partidos e pecha a clasificación.

Ademais, a familia enteira estivo de estrea da nova equipación esta fin de semana!

3ª División Nacional, Grupo Norte

En 3ª nacional masculina o Anorthosis Vimianzo non tivo encontro pero mantense no mesmo lugar na clasificación, a 8ª praza con 4 vitorias e 5 derrotas, aínda con 4 puntos sobre os postos de descenso.

1ª División Galega Grupo Centro

  • Resultado: Giusseppe Anthony - Concello de Zas O Gaiteiro 4 - 3 (17-14).
  • Resultado: Cafetería Lareka Autosisán - Concello de Zas O Gaiteiro 5 - 2 (19 - 10).
  • Resultado: CTM Lalín "B" - Concello de Zas Aquacenit 2 - 5 (9-18).

Boa vitoria do Aquacenit, no que novo volveu a relaxación despois de ter o encontro encarrilado e de aí eses dous partidos perdidos por Miguel e Chris Roy. Neste caso xa se gañaba 4-0, co cal non había problema. A destacar a camaradería entre todos e a estrea da nova equipación conxunta para todos os equipos do clube Anorthosis.

2ª División Galega Grupo Centro

  • Resultado: Construciones Cernadas - AD Dubratambre 0 - 7 (0-21).
  • Resultado: Construcciones Cernadas - Liceo Casino Xuvenil 0 - 7 (0-21).
  • Resultado: Concello de Zas O Pinar - Liceo Casino Xuvenil 2 - 5 ( 9-18).

Quizais o máis destacado sucedese o sábado en Ribadumia donde o Concello de Zas O Gaiteiro a punto estivo de dar unha doble sorpresa, pois faltou moi pouco para gañar os dous encontros. Quizais a baixa de Fran (o veterano do equipo) fose decisiva para conquerilo. Pero todos teñen que estar contentos de como xogaron e de como un pode disfrutar do deporte aínda que (e doe) perda. Moi ben Martín Pérez (gañolle a Antonio Vizoso e este gañaralle a Stevo, eu, e a outros con nombre nesta liga) sobre todo nos dobres facendo parella con Andrés Bouzas. Quen diria que aquel Martín que empezou na liga intermunicipal ía chegar a este nivel tan rápido. Está empezando pero con moita forza e sobre todo ánimo.

Outro punto positivo da xornada ocurriu en Zas donde os de 2ª Galega quedaron sós para disputar os encontros como locais e sacaron moi boa nota na organización e control dos encontros celebrados. Aquí cómpre destacar a Jesús Ferreiro (Chiqui) que aparte de gañar os seus partidos foi o encargado de que todo saise ben. Co cal están contentos ao saber que o relevo está preparado.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios