Venres. 19.04.2024
El tiempo

Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno"

Concentracion Servizo Sanitario digno 1
Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno"

Os veciños de Camariñas e Camelle saíron á rúa o pasado sábado para  protestar polos recortes en materia sanitaria e esixir, así, unha mellora nos servizos, sendo o de pediatría a máxima prioridade.

Seguindo os pasos do Concello de Zas, e por suposto, da veciñanza, e tras aprobar en pleno unha moción, o Concello de Camariñas tamén se volcou na reivindicación veciñal. Así, a pesares dos contactos municipais co Sergas, a situación segue sen encauzarse, polo que o goberno local decide unirse ás veciñas e veciños do municipio da Costa da Morte para manifestarse e pedir máis médicos, máis persoal de enfermaría e que se resolva o tema do servizo de pediatría.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios