Imprimir

Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa

Redacción | 16 de outubro de 2020

Concentracion de traballadores de XEAL as portas do Concello de Cee
Concentracion de traballadores de XEAL as portas do Concello de Cee

Continúan en loita os traballadores de XEAL, visibilizando a problemática laboral da industria costeira, e deixando patente a inacción do goberno da Xunta ante “o intento de segregación encuberta” que estaría realizando a nova propietaria.

Este venres continuaron co calendario de mobilizacións facendo a súa concentración semanal ás portas do Concello de Cee, desta volta co lema “A Enerxía ó servizo das fábricas. Non especuladores de Enerxía”, en clara alusión a que o verdadeiro interese do fondo de investimento que comprou as fábricas é a produción hidroléctrica das centrais do Xallas.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/conflito-xeal-venres-mais-rua/20201016202559122615.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia