Mércores. 23.10.2024
El tiempo
Abraham Trillo
10:27
24/06/24

Adnama

Adnama é un corpo tatuado que xoga a lesbianizarse para protexer a súa amiga de homes coas mans longas.
Santa Adnama de Ávila non cala e, con todo o léxico aprendido en Telecinco, carga contra a sección feminina da representación comarcal do alcohólico -puritano-burguesismo que chegou fai uns minutos ao bar e que se resiste a aceptar que as súas parellas a miren con desexo.

-Pero, quién es ésta golfa ?
-Perdona, estáis hablando de mí?
-Tranquila nenita que eres muy joven y te veo muy subida.
-Estás viendo ésta mano? Yo la llamo meningitis. Porque a quien no lo mata, lo deja tonto.

Si. Falaron de ti, envidiosas, a pesar de que agora, moi dignas elas, queiran negalo. Adnama tatuaxe, levantadora de pesos ebrios, castigadora de Manolos tocóns e maquilladora de Pepes falsarios, non compromete ao marido que fai media hora xogaba con ela – “¡Cómo te pesan los huevos , Rey Sol! ” -. Aquel que pensaba que a súa muller estaba lonxe, alá noutro bar ou na casa, aínda que en realidade estivese a fumar na porta. Porque poida que o seu mozo sexa un tóxico e leve pistola. Pero, ela, é boa.

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

 

Comentarios