Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción

O Día Internacional contra a Corrupción, instituído pola Organización das Nacións Unidas, celébrase cada 9 de decembro. Pero, como en anos anteriores, esa data pasou inadvertida. Tal vez, porque é unha cuestión que non nos preocupa especialmente. De feito, cando se conceden indultos por corrupción pouco ou nada se protesta.
Os que seguen este espazo coñecen a miña defensa da auditoría pública como instrumento eficaz para loitar contra o fraude e a corrupción na xestión dos recursos públicos. Pero tamén defendo a necesidade de realizar cambios na súa configuración actual. Porque a planificación e execución dos traballos coa tradicional metodoloxía fiscalizadora resulta obsoleta.
Falar hoxe de «papeis» de traballo ou de traballo de «campo», por exemplo, carece de sentido. Porque o papel desapareceu coa informática e as visitas físicas aos concellos auditados superáronse coas vídeo conferencias, conexións remotas ou acceso á sede electrónica municipal nesta era do teletraballo. O cambio do nome papeis de traballo por «ficheiros electrónicos» e de traballo de campo por «traballos de execución material», que acabo de acuñar, tan só representan modificacións semánticas.
A cuestión ten máis calado e vai desde un novo enfoque da auditoría, baseado na análise de riscos, a un perfil técnico do auditor máis actual. Deste xeito, os órganos de control externo deben avanzar na xestión electrónica das fiscalizacións e na supervisión de sistemas de prevención e integridade; e os empregados públicos deben ser expertos en auditorías de sistemas de información, porque a transformación dixital obriga a avanzar nese camiño.
Con todo, si queremos festexar o vindeiro Día Internacional contra a Corrupción como se merece, debemos comezar interiorizando conceptos relacionados coa integridade, cos principios e valores fundamentais, exaltando como se merece os comportamentos éticos das persoas e institucións que os practican, porque os hai.
- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.com). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».