Non esquezo aquel 21 de xullo de 1958
              Claro que antes de ser motivo de admiración houbo que sufrir e moito máis a miña familia e veciños da aldea. O meu pai estaba en Montevideo e por tanto recibiu a noticia cando eu xa estaba recuperado. Eu vivía na casa da miña avoa materna (Concepción Lema Rojo) coa miña nai (Valentina Suárez Lema) e con meus tíos (Manuel Suárez Lema e Encarnación Torrado Vecino) que eran os que estaban a rozar nunha leira mentras eu xogaba con Alberte, un rapaz un pouco maior. Lembro o lugar perfectamente e se me concentro vexo as areas e os pauciños cos que enredabamos. O que non vin foi o lobo ou a loba. Sentín que o meu amigo comezou a berrar mentras fuxía na busca dos meus tíos. Fun detrás del pero din superado un pasadoiro (alí dicimos pasaduiro) de pedra que permitía o ingreso a unha leira veciña da que estaban os meus tíos.
Aquela imaxe foi o último que vin e lévoa gravada. Antes de poñer o pé nunha lousa de cor escura pero co brillo das pisadas dos que por alí tiñan terras, fun trabado e levado a moitos metros do lugar onde entrei nunha nube xa que sabía o que estaba a pasar pero non sentía dor ningunha xa que agachei a cara debaixo das mans para pegarme o máis posible o chan. Non vin a meu atacante pero as 33 cicatrices dan fe de que non foi un soño. Quedan media ducia delas aínda visibles e dúas son significativas pois indican que o lobo sabe onde hai que morder.
- Manuel Suárez Suárez, Dende Lonxe de Montevideo.
 
OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO
- Adiante coa CASA DE GALICIA de Montevideo!
 - Carta do Apóstolo Santiago aos benqueridos irmáns da Casa de Galicia de Montevideo.
 - Unha conversa no “Bar Facal” de Montevideo.
 - A aterraxe dos voitres de Ribera Salud en Montevideo.
 - Eu berro forte que a Casa de Galicia de Montevideo non se pecha!.
 - O desexo de querer continuar existindo
 - Eu defendo a Casa de Galicia de Montevideo!.
 - Montevideo in Love.
 - Quero estar en Ribadeo o 28 de xullo do 2024.
 - Montevideo, 3 de setembro de 1950.
 - Un moi xenial enxeñeiro: Eladio Dieste Saint Martin.
 - Imos volver!.
 - Pobre o meu Uruguai querido!.
 - ¡Vos tenés que hacer siempre los deberes!.
 - O entruido máis occidental de Europa.
 - Montevideo, un lugar cheo de alegría.
 - Bo camiño, Tabaré!.
 - Vou a Montevideo.
 - Moitas grazas, don Xosé.
 - O polisón que casou coa miña curmá da Valiña.
 - Aquel primeiro domingo en Montevideo.
 - Imos volver!.
 - Maracanaço.
 - Un ferreiro de Tines en Montevideo.
 - Aproveitemos o verán frenteamplista antes de que se nuble o sol!.
 - Imos coa ola da esperanza.
 - Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego.
 - O futuro da Casa de Galicia de Montevideo.
 - As portas do Centro Galego de Bos Aires.