Sábado. 27.07.2024
El tiempo

As diferencias socioeconómicas na educación

As diferencias socioeconómicas na educación

As diferenzas sociais que xera o nivel adquisitivo na educación e no mundo en xeral, seguen a ser unha problemática alarmante de cara o futuro.

Para comezar, cómpre dicir que os diferentes niveis adquisitivos das familias poden marcar a diferenza entre o alumnado. Por exemplo, os rapaces que teñen dificultades en certas materias e necesitan un apoio extraescolar para sacalas adiante pero que as súas familias non se poden permitir tales gastos, teñen que recorrer ao seu propio intelecto, mais ás veces non é abondo. Deste xeito, moita rapazada suspende estas materias ou incluso se ven na obriga de abandonalas. Sabendo isto, as axudas de carácter económico deberían ir dirixidas a problemáticas específicas da rapazada en situacións desfavorecidas e non pagándolles as matrículas ás clases altas.

Por outro lado, algo que tamén se debe de poñer en valor con múltiples diferenzas socioeconómicas é o esforzo e o traballo que un alumno ou alumna de clase traballadora debe facer para acceder á universidade pública, xa que, a diferenza das universidades privadas (onde pagas unha cantidade de diñeiro e practicamente entras na carreira que desexas), o alumnado debe acadar unha nota determinada para estudar o que queren.

Como conclusión, nun mundo onde se poñen en valor cualidades como o individualismo e, onde as desigualdades económicas marcan o rumbo da mocidade na ensinanza, debemos loitar para eliminar tales desequilibrios e valores e lograr así, unha educación onde non sexa relevante o nivel económico dos proxenitores.

  • Manuela Villar Miñones. Alumna de Bacharelato do IES Terra de Soneira.

MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA

Comentarios