O Salón do Voluntariado de Muxía acollerá este venres, 20 de xuño, ás 20:00 horas, a proxección do documental Camiño Xacobeo Santiago - Muxía por Brandomil, unha iniciativa promovida pola Fundación Brandomil coa dirección de Manuel Rial.
A obra audiovisual ten como obxectivo dar a coñecer unha antiga ruta xacobea que conecta a capital galega coa vila mariñeira de Muxía a
través da ponte de Brandomil, no concello de Zas. O documental recolle testemuños de diferentes voces que avalan a relevancia histórica e espiritual deste camiño: representantes municipais, estudosos do patrimonio, membros do clero e expertos en arqueoloxía.
A presentación supón un novo paso na reivindicación desta ruta, xa recoñecida pola Catedral de Santiago como vía válida para a obtención da Compostela. O traballo realizado pola Fundación Brandomil para documentar e poñer en valor este percorrido foi clave para ese recoñecemento oficial.
O evento está aberto ao público e pretende servir de espazo de encontro para todas aquelas persoas interesadas na historia das peregrinacións, no patrimonio inmaterial e na proxección cultural do rural galego.
Tras ver o capítulo dedicado ás Pandereiteiras de Mens, rescatamos hoxe o que a Real Academia Galega dedica á muxiá Eva Castiñeira.
Esta peza conta coa participación de Tereixa Novo, Carmen Vázquez e Pedro Lucas (Fuxan os Ventos), Felisa Segade (Leilía) Martín Mondragón (Mondra), Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), o alumnado do CEIP Os Muíños (Muxía) e integrantes do Regueifa Tour.
A pandereiteira muxiá Eva Castiñeira na Galería Mulleres de abril
Máis novas
2025: Se canto é porque quero: As pandeireteiras de Mens.
2025: A RAG, e as Tanxugueiras, convirten a Malpica no epicentro das Legas Galegas.
2012: Unha homenaxe ás Pandereteiras de Mens convertida nun singular día de festa.
Hai accións ben orixinais para celebrar o Día do Libro. Este martes 23 de abril, os alumnos e alumnas do CEIP Os Muíños de Muxía celebraron o xa tradicional “Maratón de Lectura”. Durante mañá e tarde, e só coas obrigadas pausas do recreo e xantar, as rapazada do cole foi lendo unha marea de textos que teñen relación co Proxecto Documental Integrado deste ano, "Confín dos Verdes Castros”, no que investigan sobre os poboadores da nosa terra na idade de ferro, coñecidos como "cultura castrexa".
O maratón consistiu en ir lendo, en público, e por relevos, pero na xornada non só participaron os alumnos e as alumnas, senón tamén mestras e familias, facendo unha fermosa xornada de toda a comunidade escolar.
"O ladrón de mel", da serie "Os Pequenos Barbanzóns", de Pepe Carreiro, foi o escollido polos máis pequenos, mentres que "O misterio do torque de Burela", de Antía Yáñez, foi o que leu alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria.
Unha demostración do poder das bibliotecas escolares. Neste caso, a do centro muxián forma parte do novo proxecto Autonómico Bibliotecas Lía_3, que permitiu no curso 2021/2022 realizar unha profunda transformación física, e permitir a creación de novos espazos (radio, robótica...) para dar resposta ás necesidades e esixencias de formación neste século XXI.
Vimos, con vergoña allea, a semana pasada o pleno do Concello de Muxía. Un pleno cheo de insultos e faltas de respecto que non pasaron desapercibidas pola comisión de acción feminista do BNG da Costa da Morte, que vén de esixirlle ao alcalde de Muxía, Santiago Toba, que pida “desculpas públicas e urxentes”. O gruypo denuncia que o rexedor “insultou insistentemente” á edil do BNG Mercé Barrientos, “chamándolle ‘cínica’ ata en sete ocasións, ‘rastrera’ noutras tantas, e tratando de aplicar gaslighting con expresións como ‘pero vostede está ben?’, ‘con esa cara de cinismo’ e ‘con ese sorriso que a caracteriza que non sabemos se tes algún problema ou non’”.
O grupo feminista do BNG comarcal indicou que a concelleira do BNG, na súa quenda de palabra, pedíu á secretaria municipal que fixera constar en acta os insultos. Remarcaron que “cando Mercé Barrientos intentou seguir, o alcalde interrompeuna de novo para dicirlle ‘prosigue con esa cara de cínica’”, e insistiron en que “as intervencións do alcalde chegaron ata ameazas proferidas en ton exaltado e acenando ‘ten coidado, eh!’".
O grupo feminista do BNG comarcal indicou que “as faltas de respecto subiron de ton” cando a concelleira do BNG preguntou se desde o goberno municipal se fixeran xestións para un aumento de prazas da Escola Infantil, facendo logo o rogo de que se fixesen as xestións co Consorcio de Benestar para aumentar o número de prazas actuais porque “hai lista de espera e mesmo familias levando os fillos ou fillas a garderías doutros concellos”. Tras esta petición, o alcalde sinalou a membros do público dicindo “os interesados xa marcharon”, ao que Mercé Barrientos respostou que “os interesados serían toda a veciñanza que ten ou pensa ter fillos ou fillas”. O rexedor afirmou que “eu teño fillos e a miña está na gardería”, e a edil do BNG contestou que “a súa si, pero outros aínda non”. Entón Mercé Barrientos tivo que escoitar “igual quixestes ter fillos e non os tes” e “para saber dalgunha cousa hai que vivila, e vostede non a viviu”.
A Acción Feminista denunciou esta actitude “absolutamente machista e de violencia contra a liberdade individual das persoas que cuestiona a intervención dunha muller polo feito de ter ou non  fillos”, e subliñou que “non podemos permitir que un alcalde dirixa continuamente insultos ou chanzas nin tampouco que desvalorice a unha persoa polo feito de non ter fillos”.
“O alcalde chegou a cuestionar o feminismo de Barrientos, acusouna incluso de chegar antonte ao feminismo e incluso de facer unha burda manipulación deste”, indicaron desde o grupo feminista, que informou que “entre moitas outras cousas, Mercé Barrientos foi unha das fundadoras de Mudega, a Asociación de Mulleres Deportista Galegas, que loita pola igualdade no deporte  e que foi constituída nun tempo no que o Santiago Toba apenas tiña idade para votar”.
Desde a acción feminista do BNG da Costa da Morte agardan “que o alcalde, de aquí en adiante, se dirixa á nosa concelleira, e a todas as mulleres, co debido respecto como o que é, representante electa das veciñas e veciños de Muxía”.
Novo pleno cheo de tensión en Muxía, o celebrado este pasado xoves 8 de febreiro. Un pleno convocado in extremis no último día para aprobar o Plan de Obras e Servizos, o POS da Deputación (oi prazo abriuse o 11 de decembro). Ese Plan que unicamente require do consenso dos grupos políticos para que o ente provincial financie obras, gasto corrente ou o que queiran os concellos.
Pero nos plenos candentes, este POS acaba sendo unha arma arroxadiza, e o pleno muxián é un fervedeoiro. Volveron escoitarse insutos, acusacións, interrupcións… unha nova demostración do circo no que se ten convertido o salón de plenos do Concello de Muxía.
Finalmente, Muxía non vai perder eses case 600.000 € de POS (dividida na achega de 223, a achega 2024 e o POS Social), porque houbo consenso, pero consenso entre a oposición. Os tres grupos de BNG, PP e IxM chegaron a un acordo e aprobaron conxuntamente unha enmenda ao POS presentado polo goberno socialista, dando “unha lección de comunicación ante a falta de diálogo do Sr. Alcalde”, sinalan dende Independentes por Muxía, “e un recordatorio da minoría na que está o goberno que, polo ben do Concello, está na obriga de consensuar os asuntos importantes e ter en conta a todos os veciños”.
O POS queda así
Deste xeito, coa enmenda aprobada pola oposición que inclúe a obra de saneamento de Frixe (“que non pode quedar pendente do complementario”, explican), ademais da pasarela da Praia do Lago, o POS, que pretendía ser destinada a gastos correntes, queda do seguinte xeito:
Achega provincial 2023 (216.000): Mellora dos camiños en Merexo e arranxo da pista de Cebráns AC440 (idéntica proposta da alcaldía).
Achega provincial 2024 (279.900): Engadimos a senda da Praia de Lago e a mellora de viais e ampliación de redes de saneamento e pluviais en Frixe.
Para o Plan Complementario 2024, pendente de que haia orzamento de sobra, permanecen a pista polideportiva de Quintáns e a pista de Cebráns a Añobres, tal como o redactou o equipo de goberno.
Así mesmo, a oposición pide “a confección dun proxecto de orzamentos para 2024, no que se recolla, entre outras, unha partida suficiente para a atención do SAF, cun control dos gastos”.
Seguen sendo os plenos de Muxía un exercicio de vergoña allea. Ver aos nosos políticos faltarse o respecto, insultarse, ameazarse… é bastante lamentable e o nivel de crispación non baixa, a pesar de ser emitidos pola canle de Facebook municipal.
Pero se cadra non se emiten enteiros, pois o BNG denuncia que se corten as retransmisións dos plenos cando o rexedor Iago Toba “realiza insinuacións difamatorias”. A voceira do BNG Mercé Barrientos denuncia as continuas “faltas de respecto” a distintos membros da corporación e mesmo ao público. E considera “máis grave aínda é que a empresa á que o concello lle paga por levar as redes sociais adoite suprimir as partes nas que o rexedor dirixe ameazas e alusións difamatorias a concelleiros e concelleiras”.
Pon de exemplo a acusación no pleno de setembro á concelleira de IxM – Aurelia Picallo- de pertencer a unha banda xuvenil “callejera”. Neste pleno do martes 19, o rexedor realizou acusacións de que “os membros do Bng son os que están continuamente, continuamente, continuamente, facendo delitos” e dirixiu á concelleira Barrientos a ameaza de “non me faga facer público o motivo de que vostede estea en Baio e non no seu anterior posto de traballo...” seguindo durante uns minutos coa diatriba e facendo referencia a “rumores”.
Estes comentarios difamatorios comezaron despois de que a portavoz do BNG interpelase ao alcalde sobre o motivo dunha chamada ao seu traballo de alguén que se indentificou como “da alcaldía de Muxía” e que se interesou por se se atopaba no centro ou estaba de baixa. Mercé Barrientos advertiu ao alcalde sobre “o pouco adecuado de chamar ao seu traballo e preguntar se estaba de baixa –non era así- e denunciou que espiar as axendas laborais dos concelleiros previamente á convocatoria dun pleno constitúe unha práctica antidemocrática”.
Desde o BNG esixen ao alcalde que “rectifique as imputacións de delitos realizadas a nosa militancia e as insinuacións difamatorias, ou que aclare e faga públicos dunha vez cales considera que son os motivos de que a concelleira á que alude solicitara un cambio de destino. Lamentamos tamén a eiva democrática que supón que se oculten as gravacións nas que o alcalde amosa estes comportamentos”.
Non poderá ir desta vez (xa ten ido á Feira do Libro en 2018) pero acolle a nova cunha alegría inmensa. O vídeopoema “A cámara lenta”, de Rosalía Fernández Rial, vén de ser seleccionado na Sección Oficial do Festival Helios Sun film poetry de México.
Trátase dunha peza pertencente ao libro "Desnortada", publicado en Espiral Maior. O vídeo está feito por Adrián Gómez, co acordeón de María Álvarez, o control de son de Manolo Dourado e a colaboración de Ángeles Huerta.
”Moi guai, porque é un festival bastante potente no que seleccionan videopoemas de todo o mundo. A verdade é que é un subidón que seleccionen un traballo teu”, sinala fachendosa Rosalía.
Así, a segunda semana de novembro, un festival estará disfrutando coas creación da nosa poeta.
Novas relacionadas
Rosalía Fdez. Rial presenta "Desnortadas”.
Este pasado venres celebrouse un novo pleno no Concello de Muxía. Un pleno de 3,5 horas, ao que se achegou unha parte da veciñanza de Suxo cunha pancarta pedindo solucións á auga da traída. O pleno volveu convertirse nun circo de insultos, de condescendencia e descalificacións persoais e ás 0:00h da noite houbo que rematar deixando sen tratar os puntos das Rogos e Preguntas, e as mocións de Urxencia polo ROF.
A segunda fase Auga da traída Suxo si que saíu aprobada na modificación de crédito proposta polo PP, pero a veciñanza saíu do pleno pedindo "menos falar e máis obrar". Os puntos sen tratar quedarán para a orde do día do pleno seguinte:
A veciñanza de Suxo estivo presente con esta pancarta
Gastando o remanente
O pleno, entre monólogos e discursos cheos de xenreira, tratou a aprobación do Plan de Obras de Servizos da Deputación. Un POS que será destinado na súa totalidade (290.000 euros) a gasto corrente, igual que unha modificación de crédito solicitada de 700.000 euros. Unha situación grave para o BNG, que considera “que os cartos do POS e do remanente deberían de destinarse a financiar servizos e obras municipais de urxente acometida”, e que “supón unha merma importante do remanente destinado a gastos que terían que ser afrontados polo orzamento de 2023”.
As fermosas e máxicas estampas do mar, das pedras e Santuario da Virxe da Barca, en Muxía, son os escenario do novo vídeoclip que vén de presentar o artista Xabier Díaz. Este “Cantos de Salitre. Alalá de Muxía”, gravado por Carlos Abal Lobato, chega no marco do proxecto “O meu país, a miña música”, que conta coa colaboración do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
Un chanzo máis na relación con esta artista xa mundial coa nosa terra. Xa en 2015 presentaba “Tambourine Man”, un con moito acento costeiro, como el mesmo nos contaba nunha longa entrevista. Tamén en 2020 visitaba o “paraíso” da illa Lobeira da man de Xosé Iglesias, e ese mesmo ano presentou outro videoclip gravado na praia de Carnota.
Novas relacionadas
2020: Illas de Sal, cando Xabier Díaz danza cas ondas do mar na praia de Carnota.
2020: Cantigas de Leviatán: Xabier Díaz no “paraíso”,
2015: Entrevista Xabier Díaz: "A Costa da Morte é unha terra fértil en folclore”.
Participarán no acto, a autora, Rosalía Fernández Rial; o crítico de arte e historiador Antón Castro, e o director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello.
Novas relacionadas
Miguel Anxo Mato Fondo: Return to forever
O Batallón Literario celebrou entre versos o seu 25 aniversario
Rosalía Fernández presenta “Desnortada” na nova sede de Edicións Espiral Maior.
#25N: Maica Pastoriza, Carmen Méndez, Vicky Varela e de Rosalía Fdez. Rial visibilizan a creativa feminina
Ata Madrid, ao Teatro Valle Inclán, desprazáronse o pasado 21 de setembro a artista e escritora muxiá Viki Rivadulla, e a investigadora e promotora cultural María Bella, dúas das nosas #FirmasQPC.
Foi no marco dunhas charlas que o Centro Dramático Nacional organizou con Chévere, arredor do novo espectáculo da compañía galega: “Nevermore”.
Unha charla para poñer en contexto e explicar como a compañía foise sumerxindo na memoria escénica da catástofe para “utilizar o teatro para reconstruir teatral e artesanalmente o que aconteceu no Prestige”. Foi Xesús Ron, alma do grupo teatral, o que abri o coloquio fiando ademais coa crise do mundo actual 20 anos despois. Un coloquio que abriu Manuel Rivas. O escritor vimiancés fixo de voz, e pensamento, o movemento Nunca Máis, lembrando as dúas caras do suceso: catástrofe ecolóxica de perder o mar; e a marea blanca e a unión dun pobo para saír dunha crise como a que foi. “É unha historia moi importante para Galicia, pero tamén forma parte da memoria do planeta, porque non houbo ningunha mobilización ambientalista en defensa do mar desta dimensión”, sentenciou.
A presencia de Viki foi fundamental para “acentuar a realidade”, porque a ela todo aquelo atravesoulle moito e nótase aínda hoxe nas súas verbas. De feito, recoñeceu que é a primeira vez que fala en público sobre o Prestige, “porque para min é algo altamente doloroso, una ferida aínda aberta que non sei como pechar”. Viki explicou que “para nós non era só o chapapote, ou que se riran de nós… era que se acababa o noso escenairo, a nosa forma de vida, a nosa identidade: o mar. Estababamos convencidos que nunca máis poderíamos volver vivir do mar”, relatou emocionada. “Recuperouse gracias a todas as mans que viñeron e que nunca seremos capaces de agradecer, pero estou convencida de que un punto de inflexión, o momento propicio para acabar coa nosa forma de vida, que agora estamos vivindo. A día de hoxe xa non existe aquela Costa da Morte que había antes do Prestige”, sinalou con rotundidade.
”O mundo do mar, a pesca de baixura está morrendo, e os Fondos Europeos se estan empregando para desguazar barcos, non para lanzar novos barcos ao mar, e para convertir mariñeiros hostaleiros. Que somos??”, preguntábase Viki sen saber moi ben o futuro da súa vila adoptiva.
Viki contou anécdotas de como o alcalde popular de entón, Alberto Blanco, Fraga e Arias Cañete viñan naqueles tempos ca “carteira chea” para comprar as vontades na vila. “Muxía foi un experimento político”, contou, algo ao que Rivas lle puxo nome: “En Muxía montaron un decorado de Aldea potemkiana”.
Recuperou o sorriso Viki cando contou como foron agromando, de xeito espontáneo as “explosións de dignidade “que se acabaron formalizando no Nunca Máis.
María Bella, explicou como comezou a mergullarse na memoria do Prestige á súa chegada á Corcubión e da man de Unha Gran Burla Negra, que a levou a facer accións tan simbólicas como o tapiz de memoria de Fisterra. E contou algunhas das expresións que viviu nas súas entrevistas a veciñ@s ou a eternos vountarios como Sven: “se acabó el mundo”, “el sonido anulado del mar bajo una manta de chapapote”…
Tamén, a raíz dunha pregunta do público, falou da importancia de Man a nivel artístico comarcal.
En definitiva, un fermoso exercicio de recuperar a memoria daquela catástrofe, que nos abre o apetito para disfrutar o novo espectáculo de Chévere.
Novas relacionadas
Fisterra tece a memoria da Marcha Mundial das Mulleres.
Mulleres tecendo memoria: Nunca máis chapapote patriarcal.
As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo.
A rede lembra os 18 anos da catástrofe, e a marea de solidariedade, do Prestige.
Artigos de Viki Rivadulla en QPC
Artigos de María Bella en QPC.
Días de tensión en Muxía provocado pola aparición dun gromo de grastroenterite entre a poboación. Saltaron as alarmas ao longo da semana tras aparecer unha cantidade excesiva de veciños con síntomas de enfermidades estomacais. O Concello puxo en marcha un protocolo analítico das augas dos depósitos de abastecemento mentres solicita á poboación que non beba auga da traída municipal.
Aolongo do día de onte os resultados analíticos desenvoltos pola empresa “Biocontrol y Calidad Alimentaria” arroxaron resultados “normais”, confirmando a potabilidade da auga dos depósitos e eliminando a posibilidade de que houbese contaminacións por xurro.
En calquera caso, continúan as análises e o concello informará a través de bandos e das redes sociais.
Novo tenso pleno
E mentres, celebrábase onte, día 30, o pleno de setembro, convocado “por urxencia” para aprobar o POS adicional, esas obras que é posible que se poidan levar acabo con novos fondos da deputación.
Un pleno ao que non se presentaron os edís non adscritos, ao non ser informados das propostas a aprobar nin ter sido convocada ningunha comisión informaticva. De novo non houbo consenso entre as forzas municipais, e de novo volveron os berrros e as malas palaras entre o alcalde e a voceira popular.
O POS foi aprobado por unanimidade, gracias aos votos a favor do PP e do BNG, malia non ter sido informados en comisión algunha. "Non queda outra que aprobar isto”, sentenciaba o alcalde antes da votación.
Levan máis dun ano traballando na creación dunha marca propia que diferente o potencial do Percebe de Muxía. E aí saíu. A Agrupación de Percebeiros presentaba onte no Parador o resultado, marcado pola campaña xerada a partir deste vídeo e un completo manual de identidade corporativa.
"Ouro Atlántico" é o nome escollido para o Percebe da Barca, marca que empezará a verse nos mercados antes de que remate o ano.
Xa visitabamos estes días a cociña do CEIP Os Muíños. Pero este ano o centro tiña como proxecto anual vertebrador o “Facemos camiños”, arredor do camiño xacobeo. Teñen o seu propio roteiro de 400 metros por todo o centro, pero desta volta quixeron probar o verdadeiro.
Así, o pasado venres 11 de xuño, o alumnado de 5º EP percorreu un tramo do Camiño de Santiago desde Os Muíños ata Muxía. Dende o cole, descenderon cara a praia de Area Maior, segundo as frechas do camiño. Subiron ata Moraime, onde pararon para descansar, contemplar a igrexa de San Xiao coñecendo algo da súa historia e, finalmente, selar a credencial. Seguiron subindo ata San Roque, onde merendaron e falaron da construción da capela, da vida do peregrino San Roque e do rito do cambio da tella. Dw Chorente ata a praia de Espiñeirido, desde onde encamiñaron ata A Cruz para percorrer o paseo marítimo e finalizar na Oficina de Turismo, onde volveron a selar a credencial e obtiveron o “Diploma do pequeno/a peregrino/a”.
Toda unha experiencia peregrina para estes brav@s alumn@s.
Novas relacionadas
Sandra Varela, a representante galega da “Red Chef 2030”.
Coñecendo as marabillas e as necesidades do CEIP Os Muíños.
Con tristeza imos corroborando o espallamento da práctica do “circo plenario” pola comarca. Aos ridículos exercicios vividos estas semanas en Ponteceso, e á que nos teñen acostumados xa por Santa Comba, sumámoslles estes días o que está volvendo pasar en Muxía. Nun pleno que vive unha situación semellante á de Ponteceso, cun alcalde socialista apoiado en minoría despois de perder 4 concelleiros que se marcharon ‘pola falta de humildade do alcalde.
Cómpre lamentar un denominador común destes tres esperpentos políticos: as redes sociais. As redes sociais foron alimentando durante as últimas semana o que se coceu onte no salón de plenos, e a retransmisión en directo a través do Facebook municipal así o ratificou. Centos de comentarios do estilo “Esto parece unha escuela de párvulos”, “Eso é un pleno ou é unha praza de verduras madre mía jajaja” demostran a indignación da meirande parte da veciñanza, e dan conta da necesidade de que os políticos, a través da súa comunicación nas redes, sexa responsable.
Ducias de persoas achegáronse á casa consistorial antes do pleno
”Non podes fomentar o odio contra os concelleiros”, criticoulle a edil non adscrita (ex socialista) Mónica Vilela ao alcalde.
O espectáculo comezaba na rúa, con ducias de veciños de Suxo arroupando ao alcalde, porque o proxecto a auga de Suxo convertiuse en protagonsta, a pesar de que nos 25 minutos iniciais, Toba explicaba a proposta municipal para empregar os máis de 800.000 dunha modificación de crédito: unha retroexcadavora, material para os novos empregados a través do PEL, unha partida para cubrir os gastos municipais que suporían os solicitados dous obradoiros de emprego, a obra do vestiario feminino no campo de fútbol de Arliña… eran algunha das propostas que quedaron no esquecemento.
Vilela denunciou ademais que moitas desas propostas eran do anterior goberno do que ela formaba parte, e animou a Toba a consensuar as obras. Respondeu o alcalde con graves acusacións, dicindo que Vilela “era un cáncer para Muxía”, que os edís que saíron do goberno son “uns ineptos” e que protagonizaron un exercicio de “puro transfuguismo”.
O edil nacionalista Carlos Concheiro pediron respecto ao alcalde polas súas acusacións e o seu ton. "No pleno deste xoves comprobamos a irresponsabilidade dun goberno municipal que se nega, cunha actitude prepotente e irresponsable, a dialogar e que, por enriba, non fai o seu traballo e pretende vender fume. Non conte con nós para apoialo niso", sinalou Concheiro nun comunicado posterior.
Foi a voceira popular a que presentou unha enmenda, proposta polo PP; BNG e dous edís non adscritos, para aprobar só arredor 200.000€ para varios dos proxectos presentados: a rede saneamento do Coído, a subvención a Aspadex, a subvención ao Percebe da Barca, subvención ao Asociación de Turismo muxiá, a subvención do club de fútbol, e o saneamento de Suxo, "como sempre dixemos". Lamentou Sandra Vilela a falta de consenso do alcalde.
Concheiro, que lamentou que tras recibir unha invitación ao consenso hai semanas por parte do alcalde, este quedou en nada, quixo matizar que "a moción presentada pola oposición non é unha escura maniobra nin un pacto
imposible entre forzas políticas que, como o BNG e o PP, están nas antípodas ideolóxicamente falando".
Novas relacionadas
Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso.
O pleno do POS ratifica a falta de consenso en Santa Comba.
Xullo 2020: Catro edís socialistas piden perdón por “ter posto de Alcalde de Muxía” a Iago Toba.
A proposta inclúe unha partida de 529.000€ para obras como a traída de agua a Morpeguite e os seus camiños interiores; o parque infantil en Suxo; a conexión de saneamento en Labexo; a aduación da pista deportiva en Quintáns e melloras de diversas vías de Gatarante, Calo ou Trasufre, entre outras zonas.
Para a oposición, as obras son necesarias, de aí a abstención, pero non son prioritarias. A propia voceira do PP Sandra Vilela deixábao claro cun símil para explicar a situación de Suxo, onde se vai facer o parque infantil pero se esquece unha necesidade histórica arredor do seu saneamento: “na miña casa é máis importante o tellado que a televisión”.
Pola súa parte, Carlos Concheiro, voceiro do BNG, considera o feito de que “un goberno en minoría acoda a un pleno sen negociar os votos necesarios para a aprobar as súas iniciativas é síntoma de prepotencia e irresponsabilidade”. Por iso, valora “o exercicio de responsabilidade por parte da oposición que evitou que o concello perdera máis de 600.000 euros”, tendo en conta que o prazo estipulado pola oposición para a probación do POS era precisamente hoxe 4 de febreiro.
Concheiro puxe exemplos sobre as prioridades: “Quintáns estanse a verter augas residuais á praia do Lago debido ao deficiente funcionamento da depuradora. Estas carencias repítense en moitas parroquias do noso concello sen que exista un plan creible para subsanalas”.
Dende o PSdeG-PSOE amosan o seu rexeitamento polo "comportamento da portavoz do PP, que instrumentaliza o labor
dun departamento municipal para afear a xestión do alcalde.
A partida social, obrigada pola Deputación, de 157.000, foi aprobada por unanimidade (será incluída para aumentar o servizo de axuda a domicilio.
Outra demostración do potencial surfeiro da Costa da Morte en materia Surf, vémola estes días co novo vídeo publicado polo embaixador da marca "REEF", Mike Lay e os seus amigos.  «A Costa da morte», Galicia, la zona más al oeste de la península. En sus maravillosas playas de arena blanca, disfrutan de la tranquilidad y buenas olas que ofrecen", explican ao sacar este regalo audiovisual para os nosos propios ollos e os de todo o mundo. Xa son case 50.000 visualizacións.
Novas relacionadas
Decembro 2020: A Tremosa en vídeo.
18-11-2020: Surfeiros vascos, portugueses e brasileiros poñen en valor “A Tremosa”.
Novembro 2020: “A Tremosa: Cando rompe, treme o barco, treme a costa”.
28-10-020: Os amantes do surf extremo volven á Costa da Morte.
Outubro 2020: 14 Concellos soben á onda da Reserva Mundial de Surf Costa da Morte.
Abril 2020: As ondas xigantes da Costa da Morte nun novo vídeo de especialistas internacionais de surf.
Febreiro 2018: Gravando as ondas XXL da Costa da Morte.
2017: Surfeando ondas xigantes da Costa da Morte.
2014: Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
2013: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
2013: As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
A antiga praza da Camposa dá nome ao ata agora chamado Edificio de Servizos Múltiples. Unha metáfora da recuperación por parte do goberno local, deste estupendo e desaproveitado espazo sociocultural. Así o recoñece o propio alcalde IagoToba, que inauguraba cun vídeo a través das redes este edificio “existente pero falto de vida” e ao que se lle dotou “de novos espazos para unha renovación total”.
O edificio viu renovada nova Sala da Camposa, acolle tamén o Xulgado de Paz, e envía a exposición permanente que acollía nun impactante Museo ‘Voluntarios do Prestige’. Mantense o Salón de Actos do Voluntariado, con melloras técnicas, o espazoasociativo, a aula de informática e as aulas versátiles para desenvolver diferentes actividades.
Esta mañá, no Salón de Plenos, a concelleira de Igualdade do Concello de Muxía pronunciou a lectura institucional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
‘Cociñando Relacións’,
De igual xeito, rematou o proxecto ‘Cociñando Relacións’, artellado polo Concello e o CIM. Un curso separado en tres fases:
A primeira, Entre fogóns falamos de relacións, levouse a cabo entre homes e abordáronse conceptos básicos de igualdade de oportunidades, socialización, identidades de xénero ou a construción específica da masculinidade. Tamén se levou a cabo unha actividade de cociña, para incentivar e concienciar da necesidade de realizar as tarefas do fogar, e o máis importante: asumilas como propias.
Na segunda, Receitas de sororidade, traballouse con mulleres para abordar conceptos básicos de igualdade de oportunidades, a toma de decisións para mellorar a autoestima ou a autonomía, a capacidade de dicir non e o
recoñecemento da violencia de xénero.
Por último, nos Pinchos do botrato, traballouse co alumnado do IES Ramón Caamaño conceptos básicos de igualdade de oportunidades, socialización, identidades de xénero e sobre o bo trato para achegarnos ás relacións de igualdade
e o respecto ás diferencias. Fíxose especial fincapé na ruptura dos roles e estereotipos de xénero como factores causantes das desigualdades, previr a violencia de xénero, detectar factores de risco e reflexionar sobre esta
problemática.
Todas as novas sobre o #25N
A creación audiovisual, protagonista deste singular #25N.
En Galicia só o CEIP Xacinto Amigo Lera de Portomouro ten este distintivo. Se ben hai dous máis en marcha, o comedor do CEIP Os Muíños é o segundo en obtelo. Este venres a entidade SlowFood Compostela achégase ao centro muxián para darlle o selo #ComedorEscolarKm0.
Unha distinción que vai máis alá do proxecto de Comedores ecolóxicos, pois a entidade céntrase na trazabilidade de todos os produtos. “Non implica ser ecolóxico. Este selo comproba que os comedores se nutren pequenos produtores de proximidade, comprobando a trazabilidade e comprobando que son produtos frescos, de tempada, de calidade, que están en perfectas condicións e a prezos xustos para ambas partes”, sinala Leonor Lorenzo Abalo, presidante da Slow Food Compostela.
”Nos Muíños teñén unha trazabilidade boísima de todos os produtos, non só os de hora, se non tamén carnes., bebidas… ata o lácteo compran a unha granxa de aí ao lado”, destaca.
”Este selo debe ser unha garantía de cara ás ANPAS, de cara á administracións, para demostrarlle que é posible facelo así, e que sirva de exemplo para outros colexios”.
Esta condecoración supón un interesante impulso ao proxecto dos Ecocomedores escolares que está en marcha a través do GDR, que tamén están asociados ao distintivo Slow Food.
Novas relacionadas
O comedor do CEIP Os Muíños: Tres anos ofrecendo comida saudable e apostando polos produtos de aquí.
“É un crime que esteamos abrindo croquetas conxeladas nos comedores escolares”
Produtores locais e centros de ensino unen lazos para crear Ecocomedores escolares
O proxecto de Ecocomedores Escolares resolve dúbidas dos representantes dos centros