Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Costa da Morte

25 anos de Californication

O sábado 8 de xuño, cumpríronse 25 anos da publicación de ¨Californication¨, o sétimo disco de Red Hot Chili Peppers. Tamén o 27 de este mes, cúmprense 20 anos da única actuación dos ¨Red Hot¨ en Galicia. Aproveitamos para lembrar a rivalidade entre Anthony Kids e Mike Patton.

Tanto ¨Red Hot¨ como Mr Bungle, banda na que o cantante era Mike Patton , estaban no mesmo selo discográfico, Warner. As dúas bandas intentaban publicar disco ao mesmo tempo, pero parecía que había algo de plaxio entre os títulos dos discos, isto fixo que se retrasara ata o 13 de xullo o lanzamento do tercer disco de Mr Bungle, titulado ¨California¨,mentras que o 8 de xuño, salía ¨Californication¨.

A raiz de isto, Anthony Kids empezou a vetar a Mr Bungle nos festivais que tocaba Red Hot Chili Peppers. En resposta a ser vetados, Mr Bungle non dubidou en mozarse dos ¨Red Hot¨ parodiando a banda de Anthony Kids durante a noite de Samaín nun concerto en Pontiac, (Michigan) en 1999 .
https://www.youtube.com/watch?v=g1ld87X3DP4&list=PL699D0A7A6C8B362C&index=3

No ano 2000, os ¨Red Hot¨, seguirían vetando a Mr Bungle nos festivais que tocaba Red Hot Chili Peppers durante a súa xira por Australia e Nova Zelanda.

Mais a orixe de esta rivalidade xa viña de 1989, cando Mike Patton ainda formaba parte de Faith No More e ese ano publicaron ¨The Real Thing¨. No videoclip do sinxelo ¨Epic,¨ semella que Mike Patton plaxia a personalidade de Anthony Kids, razón pola cal, o cantante dos Red Hot Chili Peppers, enfadárase bastante.

 

OUTROS CUESTIONARIOS DE MAIKLE PÉREZ CASTRO

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SOANDOCONFORZA

25 anos de Californication