Venres. 22.01.2021
El tiempo

Ponteceso

Novo pleno tenso en Ponteceso: O alcalde expulsou a 4 edís

Novo e polémico pleno este xoves en Ponteceso. Máis de hora e media, retransmitido polas redes, e con numerosas reaccións da veciñanza para tratar, de novo o crédito extraxudicial de 300.000€, dos que arredor un terzo son para o pago de facturas.

Co pleno ao completo en contra (PP, APIN e os 5 ex concelleiros do seu propio grupo de goberno), a moción saíu anulada.

Faustino Santiago e Salvador Eiroa reiteraron a pregunta sobre as polémicas gravacións, pero Carballido insistiu, en clave de mitin na necesidade de pagar as facturas e obviando as verdadeiras causas que levan ao goberno a solicitar un crédito practicamente nos mesmos termos, o ano pasado.

A tensión chegou a tal punto que o alcalde expulsou a 4 edís: Faustino Santiago, Miguel González Salvador Eiroa, e  Daniel García.

 

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Novo pleno tenso en Ponteceso: O alcalde expulsou a 4 edís