A Carreira pedestre de Vimianzo bate as mellores marcas de participación no Circuito


Que o running (ou correr?) está de moda en Vimianzo, e exemplos como o Míchel así o refrendan. Pero sen necesidade de chegar a eses niveis, son 614 atletas os que formalizaron a inscrición na IV Carreira pedestre do Concello de Vimianzo, un dato moi importante para a organización xa que demostra que esta proba se vai consolidando entre os afeccionados ao atletismo, sendo Vimianzo un dos concello da Costa da Morte que máis destaca en número de corredores nos últimos tempos.
Falamos da 2ª proba do II Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015, despois da de Camariñas, que contou con case 400 atletas. E supón esta a IV edición da Pedestre vimiancesa.
Este ano o circuíto presenta unha novidade destacable xa que o importe recadado das inscrición da carreira 5K vai destinado á Asociación Provincial contra o cancro, do mesmo xeito que se ofrece a posibilidade de participar nesta causa solidaria ás persoas que non participan nas carreiras inscribíndose nunha fila 0./p>
Así, o domingo día 26 a praza do Concello de Vimianzo será o punto de saída das diferentes categorías. Os primeiros en competir serán os 54 participantes das categorías infantil e cadete que comezarán a correr os 3.000m da proba ás 10 da mañá. Ás 10.30 daráselle saída á carreira 5K contra o cancro, na que participan as categorías xuvenil, absoluta masculina e feminina, cun total de 113 inscricións. Ás 11.15h. será a saída da proba 10K, de 10 Km homologados, das categorías sénior, M40 e M50, nas que contamos con 264 inscricións. Ás 12.40 horas será a saída das categorías benxamín e alevín, na que 90 inscritos percorrerán 1 km; e a última carreira da categoría pitufo, con 93 inscritos, sairá ás 13.00 horas.
Máis de 200 inscritos no Circuito
Do total de 614 inscritos, 210 están inscritos no Circuíto de carreiras, no que só poden participar categorías adultas. Para poder copetir no circuíto é necesario participar nun mínimo de 6 probas. Resulta relevante o número de inscrición nas categorías infantís de pitufos, con 93 inscritos, e benxamín e alevín con 90, o que demostra o auxe que está a coller o atletismo entre os nosos pequenos.
Novas relacionadas
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Unha Carreira para integrar.
- Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa.
- Muros tamén se prepara para a súa Carreira do Espíritu Santo.
- Case 400 atletas no comezo en Camariñas do II Circuito Correndo pola Costa.
- En marcha o II Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
- Os Irmandiños tamén saben correr a súa Legua.
- Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
Máis novas
- Dous pontecesáns na proba de aventura máis esixente do mundo.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- 2014: 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
- A Federación Galega de Atletismo premia ao Concello de Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).