COVID: Laracha súmase ás restricións da comarca de Bergantiños
O Comité Clínico decidiu este venres aplicar no Concello da Laracha as restricións que están sendo xa efectivas no resto de concellos da Comarca de Bergantiños dende o pasado 13. Deste xeito, únese ao peche perimetral dos Concellos de Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe, unificando a comarca.
O Concello está en nivel alerta sanitaria vermella dende o pasado día 15, e hoxe contabiliza 39 casos activos.
Asi o refrendan os datos deste venres que avalan o aumento da incidencia do covid, mantendo unha tasa media de incidencia de máis de 800 casos por cada 100.000 habitantes, moi lonxe dos 125 que se estiman necesarios para levantar as restricións.
Os 7 concellos da comarca, xunto con Vimianzo, manterán a hostalería pechada, non se poderán realizar ningún tipo de reunión de persoas non convivintes. Medidas que se publicarán no DOG de hoxe e se porán en vigor a partir das 0:00h deste venres.
Medidas na Laracha
A Policía Local controlará o cumprimento destas normas, reforzando especialmente a súa presenza tanto nas estradas nos límites cos municipios de Arteixo e Cerceda como nos principais puntos de encontro do Concello.
En relación á programación municipal de actividades, acordouse adiar as dúas funcións do programa Venres Teatrais previstas para os días 27 de novembro e 4 de decembro. Tampouco se levará a cabo a andaina polo entorno do río
Acheiro programada para este domingo pola mañá. Si que se celebrará mañá sábado na Casa da Cultura a partir das 17:30 horas o espectáculo infantil Os Bolechas e a porta dos camiños cunha limitación de aforo de 30 persoas, polo
que soamente se permitirá o acceso dun adulto acompañando a cada neno ou grupo de nenos convivintes.
Ademais, pecharanse as pistas de pádel municipais, todas as pistas polideportivas descuberta e o spa do complexo deportivo da piscina municipal.
En relación á feira de Paiosaco, e dado que a próxima está prevista aínda para o 6 de decembro, os membros do comité acordaron aprazar a toma de decisións ao respecto segundo a evolución da situación durante os próximos quince días.
Entrevista
- 20-11-2020: COVID: Falece un home de 88 anos no HVdX.
- Juan Jesús Gestal Otero: “É moi importante que agora procuremos estar confinados”.
Máis novas do COVID
- 19-11-2020: COVID: Os alcaldes de Bergantiños piden máis cribados, con conclusións, para parar o avance do virus.
- 18-11-2020: COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños.
- 17-11-2020_ COVID: 9 Concellos sen alerta sanitaria.
- 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3.
- 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños.
- 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas.
- 12-11-2020: A Xunta avisa do “máis que probable” peche da actividade non esencial nos 5 concellos en Nivel 3 da comarca Bergantiños.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 11-11-2020: O Sergas realizará este sábado un cribado masivo en Malpica .
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 09-11-2020: COVID: 7 Concellos en Alerta Vermella (Cee únese á lista) e 19 ingresados no HVdX.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 06-11-2020: COVID: Cabana tamén en nivel 3, e só 5 concellos sen alerta COVID.
- 05-11-2020: COVID: Carballo, Malpica e Vimianzo, en Nivel 3, quéixanse da desinformación. Santa Comba entre Nivel 2 e 3.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
- Un novo estado de alarma para unha nova onda.
- 24-10-2020: COVID: 6 concellos afectados na comarca, nos que Malpica e Muros soben a nivel 2