Sábado. 27.04.2024
El tiempo

QPC baixa unha marcha por vacacións e polo 7º aniversario

QPC baixa unha marcha por vacacións e polo 7º aniversario
7anosQPC

Quen nos dera poder manter os motores a pleno rendemento 365 días ao ano. Pero lamentablemente a nosa humilde infraestrutura non nos permite poder coller vacacións e ademais manter unha actividade informativa do 100%.

Este mes de xullo, QPC baixa unha marcha. Unhas obrigadas e necesarias vacacións obrigannos a reducir o número de novas que publicaremos. Seguiremos ao pé do cañón, e dúas das nosas mellores redactoras quedarán ao mando das operacións, pero a un menor ritmo. Iso si, nesta época estival, a www.axendacostadamorte.com.

#7anosQPC

I é que temos moito que celebrar este ano, o noso 7º ano de vida. Foi un 27 de xullo de 2007 cando se publicada a primeira nova na antiga faciana de QPC. Si, efectivamente, xa levamos 7 anos intentando vertebrar a Costa da Morte a través da información en internet. E cremos que a nosa labor para unir as xentes de Malpica coas de Fisterra está a ser moi positiva.

Un ano, este 2014, do que podemos salientar moitas cousas. Despois dun 2013 de éxitos o afianzamento da Asociación de Medios en Galego, da que rexentamos a vicepresidencia. Aínda estamos ca resaca do éxito da Gala do Fútbol da Costa e do álbum de cromos da Costa. Seguimos www.axendacostadamorte.com.

Novas QPC

Formación QPC

Fútbol da Costa

  • Os cromos da Costa, un estado de ánimo.
  • QPC e os medios en galego

    Máis novas QPC

    Publicítate en QPC

    Fonte

    Comentarios