Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte venera o sendeirismo

A Costa da Morte venera o sendeirismo

Semella que, cal se fose unha vixe, o sendeirismo estase a convertir nalgo sacro na Costa da Morte. E só o refrendan as case 1000 persoas que esta fin de semana sacaron as botas de montaña e se puxeron a disfrutar, a pé, do noso territorio. E logo as administracións preocúpanse de máis por un crucero de 200 persoas que nin sequera van parar na zona

Foron 3 citas co sendeirismo as que vivíu a fin de semana, pois ademais do Camiño dos Faros e da Andaina por Cee, o Obradoiro de Emprego Comarca de Soneira tamén fixo o seu roteiro polo Val de Vimianzo, e Senda Nova propuña a súa segunda etapa da Primavera en Ruta polo Son do Anllóns.

Unha marea de trasnos

743 trasnos saindo de Laxe-Foto-Eduardo Verdes

Nada menos que 743 trasnos, e o Camiño dos Faros segue batindo marcas, percorreron a 4ª etapa que une Laxe e Arou. Asturianos, portugueses, galegos das 4 provincias, americanos, irlandeses, arxentinos, alemanes...

Xa foi unha previa completa, cun traskiconcerto en Camelle moi animado. E aló, contra as 9:00h, os trasnos partiron de Laxe cun día espectacular. Que fermosas esas estampas coas cadeas humanas polos sendeiros do litoral…

Trasnos polo Camino dos Faros-Foto-Monste Carballido

Andaina por Cee

200 caminantes na Andaina de Cee

O pasado sábado 12 de abril ás 10:15 horas saliron desde o lugar de Pontellas de Brens (Cee) os numerosos participantes (220 inscritos) na andaina que nesta ocasión organizou o Concello de Cee, dentro da 2ª Edición do programa “Andainas: Coñece a Costa da Morte”.
O bo tempo fixo posible que as vistas fosen espectaculares: a Ría, o Cabo Cee e o Cabo Fisterra, o lugar e a praia de Gures, Caneliñas (antiga baleeira que cesou a súa actividade no 1986), etc.
Hai que sinalar que non houbo abandono algún conseguindo que todos completasen os 13km de percorrido, e dende Servizo de Deportes Municipal queren agradecer publicamente o comportamento exemplar e cívico de todos e todas as participantes así como destacar dun xeito especial a labor indispensable que unha vez máis levaron a cabo os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee.

Andaina por Cee

Roteiro por Vimianzo

Foron os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Terra de Soneira os que fixeron de guías neste Roteiro que organizaron polo Val de Vimianzo, para coñecer de preto os tesouros da capital soneirá, e así poder dixitalizalos.

Roteiro polo Val de Vimianzo

Roteiro e plantación polo Anllóns

Repoboando a marxe do Anllons con Senda Nova

Máis completa, se cabe, foi a ruta de Senda Nova, Pois o sábado aproveitaron para repoboar o Anllóns con 25 novos exemplares de carballos e cereixeiras que sobraron do Día da Árbore, ao carón da casa do río Bergantiños. Un lugar de onde partiu a ruta dominical polo Son do Anllóns.

Roteiro polo Anllons con Senda Nova-Foto-Contraminate

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Fonte

Comentarios