Un Baile de Entroido no Náutico de Camariñas
Este sábado, 26 de febreiro, o Club Náutico de Camariñas celebrará un Baile de Entroido para os socios/as. A cita será no salón do club a partires das 23,00 h. e coa actuación do Dúo Elite. Ao evento poderan acudir os socios/as con acompañante e máis 2 invitados/as e se seguirán os protocolos sanitarios establecidos nese momento polas autoridades competentes, indicando que é obrigatorio dispoñer do pasaporte Covid para poder entrar O Náutico Bar.
Haberá un premio especial para o mellor disfraz da noite e o baile rematará sobre ás 2,30 h.
Poden chamar ao teléfono 981737130 ou enviar mensaxe de WhatsApp ao número de móbil 618950557 para anotarse a este evento.
Máis actividades
O próximo baile será para o 19 de marzo, sábado, día de San Xosé.E o Club informa tamén que seguen abertas as actividades náuticas e as clases de Xadrez co Xadrez Náutico Camariñas, o cal tamén está participando na 3ª División na provincia da Coruña.
Ademais, está confirmado que sí se levará a cabo o xa clásico Descenso de Kayaks no mes de agosto e está en estudio a posible celebración da IV Feira Náutica no mes de xuño pero con certos cambios na súa realización.
MÁIS PROGRAMAS DO ENTROIDO
- Baio: Baio prapara o seu gran Entroido.
- Carballo: Carballo terá un Entroido musiqueiro.
- Vimianzo: Disfraces e música para o Entroido de Vimianzo.
- Laxe: O Caietano volverá ser protagonista do Entroido de Laxe.
- Buño: A Mikaela, que xa ten data, vai ser “espectacular”.
- Santa Comba: Festa familiar para o Entroido de Santa Comba.
- Zas: Entroido de Zas: Pasarrúas, desfiles, obradoiros infantís, concurso de disfraces e filloas.
- Coristanco: De Vacas, con conxuro e todo, amenizará o Entroido de Coristanco.
- Ponteceso: Os pavillóns de Corme e Ponteceso vivirán cadansúas festas do Entroido.
- Malpica: Malpica volve presentar un completo programa de Entroido feito polas Asociación e para as Parroquias.
- Camariñas: Bailes de disfraces, música, inchables, doces e Enterro da Sardiña no Entroido de Camariñas.
- Laracha: O Concurso de disfraces da Laracha volverá ser virtual.
- Dumbría: As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés.
- Carnota: Un sábado de Batukada e inchables para o día Entroido de Carnota.
- Fisterra: Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido.