venres. 14.11.2025
El tiempo

A familia do Casino1889 invadirá o pleno carballés para salvalo da especulación

Xente do Casino 1889 Carballo
Xentes do Casino 1889 Carballo
A familia do Casino1889 invadirá o pleno carballés para salvalo da especulación

Aproveitando a moción que vai presentar o PSOE carballés no próximo pleno municipal para propoñer unha revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal para que se inclúa o edificio do Casino de Carballo no Catálogo de Protección do PXOM, a Sociedade Recreativa e Cultural Bergantiños Casino1889 vén de rexistrar una petición á alcaldía para poder intervir en dito pleno en representación da asociación, conforme ós artigos previstos no regulamento de participación cidadá.

Ademais, lembran que os plenos son públicos e de asistencia libre, polo que convocamos a todas as persoas interesadas na defensa do patrimonio, e nomeadamente do Casino, a asistir a partir das 20:00 horas ó pleno que se celebrará o vindeiro luns 24/11/2025, no salón do Concello de Carballo onde se debaterá e votará ésta moción.

HISTORIAL SOBRE O XUÍZO DO CASINO

 

Comentarios