Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica unen forzas e trasladan as súas loitas ás cidades

Manifestacion en Compostela da industria electrointensiva
Os traballadores de Ferroatlántica unen forzas e trasladan as súas loitas ás cidades

Este vindeiro luns 20 de maio, os traballadores das empresas electrointensivas do país (Alcoa Coruña e San Cibrao, Ferroatlñantica Sabón e Cee-Dumbría, e Celsa Atlantic) unen as súas loitas nunha concentración diante das Consellerías da Xunta de Galicia. San Caetano recibirá a visita de milleiros de traballadores de todo o país a partir das 11:00h, nunha cita na que Xuntos piden unha “Tarifa Eléctrica competitiva para a industria electrointensiva”.

Escoitaranse, seguro, cánticos de “Solución enerxética Xa!” e “Na defensa dos postos de traballo”.

Concentración por RamosManifestacion por Rmoas da CIG Ferroatlantica

Paralelamente, a CIG-Industria realizará unha concentración este mércores ás 11:00h diante dos Xulgados da Coruña, na Rúa Monforte, coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento do compañeiro Ramos, traballador das centrais hidroeléctricas de Ferroatlántica a quen a dirección despediu por un comentario que fixo nunha rede social, fóra do ámbito da empresa. P

Para a central sindical esta medida é absolutamente desproporcionada e inxustificada e, en calquera caso, o escrito polo traballador enmárcase no seu dereito fundamental á liberdade de expresión, dereito que a empresa está a vulnerar coa súa decisión. Cómpre salientar que Ramos foi membro do comité e actualmente forma parte da sección sindical da CIG.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios