Xoves. 13.06.2024
El tiempo

Lar prepara a súa gran festa escolar coa Entrega de Premios do Concurso de Murais de Azulexo

Concurso Murais de Azulexo Lar-entrega
Imaxe da entrega do ano pasado
Lar prepara a súa gran festa escolar coa Entrega de Premios do Concurso de Murais de Azulexo

Todo listo en Suministros Lar para a entrega de premios da 10º Concurso de Murais de Azulexo Lar.

A explanada da entrada de Cee será o escenario da festa escolar que supón a entrega deste programa educativo, que este ano xirou arredor dos empregos das mulleres nos tempos da emigración.

Entrega Concurso de Murais de Lar 2024

Unha homenaxe ás grandes persoas esquecidas que manteron vivas ás familias, traballando en duros traballos e compaxinando cos coidados. Algúns destes oficios desapareceron e outros revalorizáronse e convertéronse nos nosos oficios.

A través deste viaxe pola historia, a rapazada de 9 centros de ensino e Asociacións (Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, os CPR Manuela Rial, IES Fernando Blanco e APEM de Cee; o IES Praia da Barraña de Boiro; o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o IES Eduardo Pondal de Ponteceso; e os coruñeses IES Zalaeta e as Esclavas) puideron afondar na historia da nosa provincia, investigar de xeito interxeracional, aprender a traballar en equipo, azuzar á creatividade e practicar os traballos manuais finos.

Nestes 18 anos que leva activo o proxecto de Responsabilidade Social Corporativa da empresa ceense, xa van 10 edicións, cuios murais estás expostos por toda a xeografía galega, convertindo en museos ao aire libre os paseos da Coruña, Sanxenxo, Cervo, Faro de Fisterra, Laxe, Camariñas, Ponteceso, Ézaro. Corcubión ou Cee, entre outros.

A Cita

A cita será este venres ás 10:30h coa chegada dos coles, e se desnevolverá ata as 13:00h e poderemos ir sabendo cales foron os murais escollidos polo xurado, formado por Antón Castro, Covadonga Carrasco Arquitecta, Laura Suárez e Nacho Porto.

Murais Azulexo Lar 2024

MÁIS NOVAS

HISTÓRICO DO CONCURSO DE MURAIS

Comentarios