As mobilizacións dos traballadores de XEAL poñen o foco na Xunta
11:24 10/10/20
Continúan as mobilizacións dos traballadores de XEAL ante o “desmantelamento progresivo das fábricas”. Este pasado venres o Comité convocaba unha concentración diante do Concello de Cee, desta volta co foco posto na Xunta de Galicia. O comité considera “cómplice” á Xunta ante a súa pasividade e permisividade.
O discurso tamén se fai extensible aos alcaldes/as da zona, aos que piden máis firmeza.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 07-10-2020: Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.
- 02-10-2020: O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas.
- 25-09-2020: “O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”.
- 25-09-2020: Os traballadores de XEAL extenden ao Ézaro as súas protestas contra un ERTE "ilegal”.
- 22-09-2020: Os traballadores de XEAL volveron saír en rúa en contra do ERTE e do desmantelamento das fábricas .
- 18-09-2020: Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións.
- 17-09-2020: Os sindicatos critican o ERTE de XEAL e acusan á empresa de "facer inviable o centro de traballo" para conseguir a segregación.
- 17-09-2020: XEAL estende o ERTE ata febreiro de 2021.
- Xullo 2020: Os traballadores de XEAL volveron á rúa.
- Xullo 2020: Rematou o ERTE de XEAL pero a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade .
- 15-05-2020: O Comité demanda o ERTE de XEAL por consideralo “fraudulento”.
- 22-04-2020: O comité rexeita o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento”.
- 13-04-20: O Comité de XEAL pide aos alcaldes compromiso ante o ERTE.
- O Comité de XEAL denuncia que a dirección mantén traballando persoal de grupos de risco.
- 10-03-2020: XEAL explicou, cos traballadores na rúa, o seu plan de futuro aos rexedores da comarca.
- 05-03-2020: O comité de Ferroatlántica pídelle implicación real aos alcaldes e alcaldesas da comarca.
- 02-03-2020: O persoal de Ferroatlantica mantén o calendario de mobilizacións contra o desmantelamento das fábricas.
- 20-02-2020: O Comité de Ferroatlántica considera un acto progapandístico o cambio de nome.
- Febreiro 2020: Ferroatlántica ata cambia de nome.
- Febreiro 2020: Os traballadores de Ferroatlántica volveron concentrarse ás portas da fábrica de Brens.
- Febreiro 2020: As fábricas de Ferroatlántica están ao 30% da súa capacidade de fabricación.
- 02-02-2020: Unha nova concentración baixo a auga con triple obxectivo.
- Xaneiro 2020: 17 novos despedimentos caldean o amibiente para a nova concentración dos traballadores de Ferroatlántica.
- Xaneiro 2020: Os Traballadores de Ferroatlántica volven á rúa este venres.
- Xaneiro 2020: Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensivs.
- Decembro 2019: Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción.
- Decembro 19: Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas.
- Novembro 2019: Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH.