Martes. 23.04.2024
El tiempo

O BNG pregunta no Parlamento pola ría de Corcubión e a dragaxe de Laxe

O BNG pregunta no Parlamento pola ría de Corcubión e a dragaxe de Laxe
Ata hai pouco as tuberías das casas vertían directamente en moitos puntos da ría de Corcubión

Dúas das necesidades do mar da Costa da Morte dende tempo atrás, voltaron, outra vez, ao Parlamento Galego. Fixérono onte, cas preguntas do BNG, sobre o saneamento da ría de Corcubión, e sobre as obras de dragaxe do porto de Laxe.

Como está o saneamento da ría de Corcubión?

Dende fai xa tempo, o BNG ven denunciando a falta de actuacións da Xunta para garantir un bo estado da augas da ría de Corcubión. As análises deixan ver as claras que a contaminación por augas fecais seguen a ser, dende hai anos, o principal problema, e que veñen dados polo mal funcionamento da depuradora que da servizo aos concellos de Corcubión e Cee, ademais de que os vertidos directos, a un e a outro lado da ría, son contínuos.

Augas de Galicia anunciou hai tempo a elaboración dun estudo para subsanar as deficiencias do saneamento, así como os problemas coas augas pluviais, no que se ía invertir uns 240 mil euros, mais a día de hoxe nada se sabe do mesmo.

Deste xeito, o BNG rexistraba onte no parlamento galego varias preguntas sobre o estado da ría, así como do estado dese estudo. “De estar acabado deberíase saber as conclusións para poder cuantificar a inversión necesaria para correxir os problemas. De non ser así, queremos que se informe a cidadanía de para cando vai estar e o estado actual do mesmo”, solicitan.

Preguntando pola dragaxe en Laxe

Nin a unión en agosto da confraría e grupos municipais para esixir os traballos de mellora provocou unha reacción real á Xunta neste vella demanda. A pesar dos compromisos adquiridos para resolver os problema de inseguridade no porto de Laxe e o basculamento do areal, non hai novas dos traballos de mellora. De feito, o voceiro popular Durán, só falou das dificultades técnicas para acometer a dragaxe da dársena, ademais de dicir que non é “Harry Potter nin ten unha variña máxica”. “O sector está esperando pasos concretos e vostede só responde con obras menores”, critica o BNG.

Van máis de 25 anos facendo estudos e “sempre acabamos igual, boas palabras pero ningunha medida para resolver o problema”, criticou o nacionalista.

O BNg lembra que na semana de Reis do 2014, naufragou un barco de 10 metro de eslora provocando o pánico entre o resto das embarcacións. Ante o acontecido, dixo, Portos de Galiza constituíu unha Comisión de Seguimento coa Corporación Municipal e Costas do Estado para planificar o programa de actuacións. Dentro destes compromisos, e por orde de prioridades figuraba a dragaxe da dársena, a retirada do actual contradique e o compromiso de redactar e construír un novo contradique no lugar de Besugueira pero na última reunión con Portos, confirmou que os traballos de dragaxe se paralizaban ata a primavera do 2015, “deixando os compromisos sen efecto”.

Novas relacionadas co saneamento da ría de Corcubión

  • 21-04-14_ O saneamento da ría de Corcubión centrou a visita costeira de Ana Miranda.
  • 21-10-14: Cee di adeus á fábrica de tubos.
  • 09-07-13: O Concello de Cee insta á Xunta a acometer dúas obras urxentes de saneamento para a ría de Corcubión.
  • O BNG denuncia que o PP quere obrigar aos Concellos a financiar o saneamento da ría de Corcubión.
  • O PP culpa ao BNG de non dar un paso polo saneamento da Ría de Corcubión.
  • O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
  • 14-04-10: A caño libre.
  • Novas relacionadas coa problemática de Laxe

    Fonte

    • Notas de prensa do BNG.

    Comentarios