Mércores. 06.11.2024
El tiempo

As "literatas-artistas, artistas-literatas" de Inma Doval Porto danse cita finalmente en Carnota

Literatas en Carnota
As "literatas-artistas, artistas-literatas" de Inma Doval Porto danse cita finalmente en Carnota

O sábado 4 de marzo de decembro, ás 12 horas, presentarase na Capela do Pilar de Corcubión, e tras varios intentos, a antoloxía verbo-visual de autoras galegas “Entre leiras e labores. Literatas-artistas, artistas-literatas”. A obra, editada por Inma Doval Porto e publicada por Urutau, recolle as creacións de catorce autoras que son nómades entre a escrita e as artes plásticas ou visuais: Afra Torrado, Ana Pillado, Ánxeles Penas, Begoña Paz, Blanca Silva, Charo Lopes, Clara Martín, Emma Pedreira, Eva Méndez do Roxo, Helena Villar Janeiro, Lorena Conde, Rebeca Baceiredo, Soledad Pite Sanjurjo e a nosa Viki Rivadulla.

As creadoras fixeron os seus arte-factos verbo-visuais para este volume que comeza a ver a luz polos espazos do país para recalar ese 17 de decembro en Corcubión.

Xunto coa editora estará Viki Rivadulla nun evento no que colaboran a Universidade Cromática e a libraría Chorima de Carnota. Esta última levará libros para quen desexe facerse cun exemplar.

Previamente a antoloxía será presentada na cidade da Coruña (Fundación Luis Seoane, 1 de decembro), Betanzos (Libraría Biblos, 2 de decembro), Pontevedra (Libraría Metáfora, 3 de decembro) e Compostela (Libraría Lila de Lilith, 3 de decembro).

Máis novas sobre Viki

Artigos de Viki Rivadulla en QPC

Comentarios