Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal

O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal
Familia do Anorthosis nos torneos de Nadal

Excelentes os resultados acadados polo representantes do Anorthosis Vimianzo nos torneos celebrados neste Nadal en Oleiros e Narón. Neles participaron Miguel Rey e Gonzalo Martínez en sub 23, Martín Pérez en senior e Estevo Lema en +50 anos.

Os costeiros conseguiron sempre clasificarse nas eliminatorias de grupos e quedando eliminados nos cuartos de final donde se atoparon cos mellores representantes galegos das distintas categorias. Así Miguel Rey perdeu en Oleiros contra Rubén García gañador nos dous torneos e Santi Otero en Narón (xogou a final). Gonchi perdeu contra Javi Canzobre en Oleiros (xogou a final) e Víctor Páez.
Nos casos de Martín e Stevo, se cadra foi a baixa participación das súas categorías o que lles permitiu chegar tan arriba nos cadros pero iso non quita os méritos acadados, foron eliminados por Isaac Rivera (xogador de 1ª nacional) e José Medín respectivamente.

Torneo de Nadal en Corcubión

Miguel Rey e Joel Quintans ganadores do Torneo de Corcubion

Tamén participaron xogadores do Anorthosis Vimianzo no torneo de Nadal de Corcubión coa intención de dar a coñecer máis este deporte e, intentar que os afeccionados que se presenten, o sigan practicando todo ano e non so esporadicamente nestes torneos.

Os vencedores das dúas categorías foron Miguel Rey e Joel Quintáns. Pero o verdadeiro triunfo estaría en que algún dos xogadores locais se enganchase a este deporte e xogase nas ligas federadas como se conseguiu da edición do ano pasado con Manu Costa e Martín Pérez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios