Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A eterna promesa incumplida da Autovía Costa da Morte

A eterna promesa incumplida da Autovía Costa da Morte
Imaxe das obras da Autovía Costa da Morte

Parece de cómic, pero a situación de eterno retraso da Autovía Costa da Morte non ten signos de recuperación. Unha necesaria infraestrutura que tería que ter estado operativa dende o 2013 pero que aínda non ten data de entrega. Así estamos na esquecida, unha vez máis, Costa da Morte.

A última nova, que sabemos ademais pola prensa e non pola propia administración, é que a Xunta vén de ampliar o prazo para que as empresas adxudicatarias solucionen os seus problemas, despois de darlle un ultimátum que de novo non se cumpriu. A Xunta prometera en decembro retomar as obras antes do verán, pero trala eterna promesa incumplida (a carpeta “Promesas incumplidas da Autovía Costa da Morte” xa está ben chea), aínda non podemos saber cando se retomarán.

Así, a UTE que forman Copasa, Taboada y Ramos, Covsa e CRC Obras y Servicios poderá seguir esperando por un crédito bancario que lle permita asegurar que non van perder cartos. É dicir, a cidadanía ten que ficar pendente da situación financiera de varias empresas para poder dispoñer dunha das infraestruturas máis necesarias do país.

A todo esto, e menos mal que falamos só do treito Carballo-Berdoias, que do Berdoias-Cee aínda non está nin contemplado...

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios