A oposición afía as listas en Coristanco
Fin de semana político en Coristanco. BNG e Tega presentaban as listas para este curso 2015. Xa presentara o BNG a súa cara máis visible, pero esta fin de semana tocaba dar os nomes que completan a lista.
Pero comezamos polo grupo de Terra Galega, que inauguraba local coa asistencia de numeroso público. O acto contou coa presenza de Manuel Andrade Cristobal, que resaltou o papel do partido na comarca de Bergantiños, Soneira e Xallas. En canto ao candidato Amancio Lavandeira fixo un balance da situación política de Coristanco, resaltando os derradeiros acontecementos en temas de “corrupción, así como a suba de impostos inxustificados, e o descontrol económico que ten o concello”. Un Lavandeira que pretende que o local sexa “un punto de encontro entre a formación centrista e os veciños de Coristanco”. Ademais, o grupo aproveitou a data para facer entrega do número 7 do seu Boletín informativo, con numerosos recortes de prensa onde o Concello de Coristanco é protagonista en clave negativa.
O BNG presentou a lista e acusa de mentir ao alcalde no seu último “pelotazo urbanístico”
Estivo ateigada a presentación da lista no Café Bar O Noso Sitio de Cereo. Ademais de presentar unha lista renovada, houbo tempo para a nostalxia co reencontro de Henrique Xosé Serra, quen fora o primeiro candidato e concelleiro do BNG en Coristanco e Laura M. Taibo, a actual portavoz municipal e candidata á alcaldía nas eleccións deste 24 de maio. Unha Laura que lembrou as ideas principais do partido: "recuperar a democracia e a participación veciñal", e "recuperar a verdade".
O BNG presentou un equipo ao que se incorporan 7 caras novas con respecto á candidatura do 2011, e que conta cun importante grupo de xente nova (o 25% da candidatura ten menos de 25 anos), e a candidata é a máis nova das que optan á alcaldía. A candidatura do BNG-Asembleas Abertas para as eleccións municipais en Coristanco será a seguinte:
- 1. Laura Mariño Taibo. Actual portavoz do BNG.
- 2. Vítor Recarei Añón. Exresponsábel comarcal do BNG.
- 3. Margarita Torreira Pérez. (Traba). Modista.
- 4. José Antonio Andrade Figueiras. (Seavia). Avogado, escritor e membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns.
- 5. Beatriz de Ramón Rodríguez. (Couso). Enfermeira.
- 6. Hadrián Canosa Rodríguez. (Erbecedo). Membro do Comité de Empresa de Nostián.
- 7. Fina Bastón Osinde (Rececinde). Profesora, exconcelleira do BNG.
- 8. Manuel Antón Pastoriza Suárez. (A Agualada). Médico.
- 9. Mónica Martínez Porteiro (Seavia). Estudante de Química, responsable local do BNG de Coristanco e exresponsable de Organización dos Comités Abertos de Estudantes.
- 10. David Soutullo Trigo (San Paio). Estudante de Turismo.
- 11. Sabela Sánchez Rial (Xaviña). Traballadora do comercio.
- 12. Marcos Barca Rabuñal (San Paio). Comercial.
- 13. Leonardo José Facal Amado (A Agualada). Psicólogo e comercial.
Novas acusacións
Aproveitou o BNG para falar do que entende como “último pelotazo urbanístico” do alcalde. Refírese o BNG á compra do Concello, con subvención de 198.000€ da Deputación, duns terreo no núcleo de Traba. Unha compra que segundo o BNG se fixo “con numerosos informes legais en contra, e nun proceso que carece dos máis elementais requirimentos de transparencia”. Lamenta o BNG que a veciñanza non saiba “nin o plan de actuación previsto nin hai ningún tipo de previsión sobre canto custará a posta en funcionamento”.
E acusa ao alcalde de mentir ao dicir que “o núcleo de Traba carece na actualidade de ningunha praza pública. Ademais de ser mentira, resulta curioso que o alcalde subscriba semellante afirmación cando aínda hai apenas un par de semanas que anunciaba con total pompa e boato a inauguración dun parque infantil no núcleo de Traba, precisamente na praza que está situada detrás do tanatorio, a escasos 200 metros da Casa do Concello”.
Novas sobre as Eleccións Municipais
- Rojo: “As rifas entre BNG e PSOE provocaron unha gran pobreza en Corcubión”.
- Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”.
- Plácido García aposta por acadar 4 concelleiros con Ciudadanos de Cee.
- O BNG presentou aos seus cabezas de lista en Cabana, Fisterra e Mazaricos.
- O PP de Vimianzo xa ten candidata.
- O BNG escolle as súas cartas para as eleccións en Cee e Coristanco.
- Lois Carballido seguirá sendo mestre de inglés se gaña as eleccións en Ponteceso.
- Poder Xalleiro, unha nova forza para as eleccións de Santa Comba.
- Zaira Rodríguez: “Da oposición prefiro non falar”.
- O BNG carballés buscará a maioría absoluta con 12 concelleiros.
- O PP, o primeiro en amosar todos os candidatos de cara ás Municipais.
- O BNG de Muxía xa ten candidato para as municipais de maio.
- O PSdG da Costa da Morte coñeceu a Julio Sacristán.
- O BNG de Camariñas xa ten a súa cabeza de lista.
- Novos movementos no taboleiro político de Laxe.
- As propostas asemblearias moven ficha.
- A política abre as portas á cidadanía, tamén na Costa da Morte.
- Compromiso por Mazaricos estrearase nas Municipais de maio.
- Movementos no taboleiro político de Mazaricos.
- Zas e Santa Comba reducen concelleiros nas próximas eleccións municipais do 2015.
- María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros.
- O baiés José David Gómez Brandariz, novo candidato do PP de Zas.
- Manuel Antelo repetirá como candidato a repetir na alcaldía de Vimianzo.
- Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais.
- Paco Souto será o candidato do BNG á alcaldía de Malpica.
- Moncho Noceda volve a presentarse como candidato á alcadía de Carnota.
- Evencio Ferrero volverá presentarse como candidato á alcaldía.
- O PP presenta 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais.
- Os PP de Carballo, Camariñas, e Muxía estrean candidato.
- O PP de Dumbría e Muros cambian de cara.
Novas sobre as Eleccións Xerais
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Máis novas políticas
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- Eleccións Municipais 2011: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).