Axenda dunha fin de semana de folk, verbenas e ofertas
Dan as previsións meteorolóxicas algo de chuvia para a xornada do venres, pero a Costa da Morte recuperará o bo tempo para sábado e domingo, para poder gozar doutra cargada fin de semana. A #AxendaCostadaMorte trae de todo, coa música tradicional como gran reclamo., ademais das ofertas do Punto Rojo de Baio.
XXI Festa Folk na Fin do Camiño
A gran cita da fin de semana é, sen dúbida, a Festa da Anchoa. Unha desas festas con sabor a veciñanza, na que a música folk é protagonista. Este ano a xornada sabatina abrirá moi pronto con sesión vermú e cantina para comer. A partir das 18:00h inchables para a rapazada e a partir das 21:00h, comeza a música coas Fillas de Cassandra como gran reclamo.
Punto Rojo de Baio
Fin de semana de ofertas, premios, pinchos, música, pasarrúas…. no marco do Punto Rojo de Baio. Poden ver o completo programa.
Festa Galega de Malpica
A música tradicional e galega fan parada en Malpica con este minifestival.
Rueiros da vila
Fermoso programa o que nos ofrece nesta e na seguinte fin de semana a vila de Caión. Concertos, teatro de rúa, pasarrúas… Un festival estupendo para pasar en familia.
Homenaxe a Xestal e Festa da Praia
Carballo acolle varias citas ben curiosas, como a homenaxe a Xestal, a Festa da Praia de Razo e Festa do Berberecho de Baldaio.
O Akelarre de Vimianzo
Fantástica nova a aparición dunha nova asociación xuvenil na vila de Vimianzo, O Ariete, que como primeira acción prepara este Akelarre para o sábado.
Festas de San Roque de Moraime
Sábado completo nas Festas de Moraime.
Festas de Quilmas-A Curra
Fermosas festas as que se viven no lugariño de Quilmas.
Festas de Olveira
En Olveira, Dumbría, celebran as grandes festaso venres 18 e domingo 20.
Ademais, o programa dumbriés inclúe uns Contos de Taberna coa regueifeira de Bergantiños Lupe Blanco no marco do programa de Aantena o venres 18 ás 20:00h na Casa da Cultura de Olveira.
Triple cita cultural en Ponteceso
Venres, sábado e domingo, Ponteceso Cultura permanente ofrece tres concertos en Corme e Ponteceso.
RUTAS POR PONTECESO
Tanto o Concello coas súas saídas nocturnas de Camiñar na Noite como Suso Lista cos seus roteiros patrimoniais, ofrecen interesantes propostas para andar en saídas nocturnas.
Suso ofrece as seguintes saídas dende a Fonte do Campo.
- Vernes 18 ás 12:00h Paseo Histórico por Corme.
- Sábado 19 ás 21:30h aos petroglifos.
OUTRAS VISITAS
ANDAINA NOCTURNA E DIURNA POR PONTECESO
O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.
O CASTELO DE VIMIANZO
Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.
FARO VILÁN
O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais.
AS TORRES DO ALLO
Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadas, escape room e exposición de Pazos.
Ademais, esta o sábado 19 de agosto haberá Cantos de Taberna: Regueifa con Lupe Blanco e Suso de Xornes ás 20:00 horas.
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO
A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.
VISITAS NO MUSEO FERNANDO BLANCO
Os venres ás 11:00h podes programar a túa visita guiada polo Museo Fernando Blanco de Cee.