Axenda para gozar a ponte do Apóstolo na Costa da Morte
- Tendes toda a info festexeira en www.axendacostadamorte.com e no álbum das FESTAS DA COSTA DA MORTE 2023.
Fin de semana verbeneira por excelencia, que enlaza co festivo do Apóstolo para deixarnos unha ponte divertidísima. Repasamos as festas e as citas singulares para estes días:
Festival Castelo Rock
Muros convertirase na capital nacional do rock co festival Castelo Rock, con dous días de concertazos e moitas actividades para toda a familia.
Encaixe no Camiño
Repasade o programa completo do Encaixe no Camiño para disfrutar ata da recreación teatral do Desembarco de Alfonso IX.
Festival Mar Aberto na Punta da Barca
En clave musiqueira e de natureza, na Punta da Barca coas Fillas de Cassandra e moito máis.
Semana Cultural das Festas do do Apóstolo de Ameixenda
As festas teñen o seu punto cultural en Ameixenda.
MÁIS FESTASSSS!!
Degustación en Lira
Non perdades a cita gastronómica da fin de semana.
Libros e Risas en Fisterra
Unha de libros e unha de teatro infantil na fin da terra
Sendas Peonís por Carballo
Se queres andar por Carballo, unete.
OUTRAS VISITAS
ANDAINA NOCTURNA E DIURNA POR PONTECESO
O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.
O CASTELO DE VIMIANZO
Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.
FARO VILÁN
O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais
AS TORRES DO ALLO
Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadas, escape room e exposición de Pazos.
Ademais, esta finde hai sesións documentais da man do proxecto MAN.
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO
A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.
Concerto en Brandomil
O sábado 22 de xullo, ás 22:00 horas o grupo Habelas Hainas ofreceranos un concerto na contorna da Ponte de Brandomil. Esta é unha actividade gratuíta que forma parte do Programa de Verán 2023 organizado polo Concello de Zas.