COVID: Unha soa aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte

Grafica da evolución da COVID nos centros ensino da Costa da Morte cos datos do 4 de marzo de 2021. Fonte: QPC cos datos do SERGAS

Continúa a tendencia descendente da incidencia do covid na Costa da Morte. Unha semana despois do comezo desta nova desescalada, as cifras segue caendo ata chegarmos a unha situación que non vivíamos dende hai un ano. Se ben ata o mes de novembro non os datos de novos contaxios non eran públicos, probablemente nin durante o pasado verán a incidencia fose tan baixa como esta semana.

Dá conta, por exemplo, o número de casos positivos nos centros de ensino, apenas 29, tendo só 13 centros afectados (os de Ponteceso aínda seguen os máis perxudicados). E o dato é que só hai unha aula pechada, algo que non se viu dende comezo de curso.

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARBALLO IES Alfredo Brañas 3 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CEIP Fogar 1 0
CARBALLO IES Monte Neme 1 0
CARBALLO IES Parga Pondal 2 0
CORISTANCO CEIP Bormoio-Agualada 1 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 1 0
LAXE CPI Plurilingüe Cabo da Area 1 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 3 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 5 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 6 1
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña 1 0
TOTAL 13 29 1

Datos do 5 de marzo.

Mínimos a nivel xeral

A nivel xeral os datos tamén son mínimos dende que hai rexistro público. 142 casos nos 19 concellos de QPC, o que supón unha taxa de incidencia acumulada a 14 días de 108 novos casos por cada 100.000 habitantes, xa no rango que a OMS califica como “pandemia controlada”. Son 4 os Concellos que non rexistran nin un só novo caso nos últimos 14 días (Laxe, Zas, Corcubión e Fisterra), aos que hai que sumar os de Camariñas e Carnota que non sumaron novos positivos na última semana.

Ademais, segue sen haber un só ingresado no HVdX por covid.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados