Martes. 08.10.2024
El tiempo

COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25

  • Cambio de tendencia: Nos últimos 5 días temos 37 casos máis, chegando a un total de 388 nos 19 concellos da bisbarra.
  • A partir do 23, Muxía deixará de ter restricións específicas, mentres o SERGAS aumenta a vixilancia en Muros ante a súa evolución.
COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25

Esta mañá os representantes da Xunta e do SERGAS ofrecían unha comparecencia de prensa para informar sobre as novas restricións e as medidas excepcionais de cara a este Nadal, que estarán vixentes ata o vindeiro 29.

A novidade máis importante e que, se ben se manteñen as limitacións perimetrais actuais, a Xunta inclúe unha excepción entre as 0:00 do día 23 e as 23:00h horas do día 25, na que se poderán saír dos peches por motivos familiares.
A noite de Noiteboa as restricións de mobilidade nocturna adíase ata as 1:30h.

En todo caso, aconsellan celebrar as datas só con convivintes, pero “se é imprescidible facer a visita familiar, en todo caso, aconsellan non celebrar as ceas ou comidas”. E igualmente reiteran as medidas a tomar: moita ventilación, máscara, hixiene, distancia…

Novas medidas

Entre as variacións, indicaron que a partir do 23 Muxía deixará de ter restricións específicas, mentres que pola contra, Muros entra en vixilancia, para ver a súa evolución e a posibilidade de tomar medidas.

As Cifras

Datos Covid Costa da Morte 22-12-2020

Tras moitas semanas de baixada, o conxunto da comarca volve sufrir un repunte nos casos. Nos últimos 5 días temos 37 casos máis, chegando a un total de 388 nos 19 concellos da bisbarra.

As causas débense aos aumentos en concellos como Santa Comba, Fisterra, ou Muros, incidindo na liña norte-sur que está realizando o virus atravesando a comarca.

A comarca de Soneira tampouco mellora e Vimianzo cambia á tendencia á baixa e volve subir o número de novos casos diagnosticados nos últomos 14 días.

O Mapa

Quedan, deste xeito, con restricións medias (hostalería aberta ata as 17:00 horas co 30% de aforo no interior e 50% no exterior, e agrupacións de máximo 4 persoas) os Concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas; Santa Comba e Mazaricos; Fisterra; e Carnota.

Mapa Covid Galicia 22-12-2020

Máis novas sobre o covid

Comentarios